Menu Xerais

Arquivo anual: 2008

20081207181318_jaureguizar

Jaureguizar entrevistado no «Xornal de Galicia»

Iago Martínez entrevista no Xornal de Galicia a Jaureguizar con motivo da publicación d’ O Globo de Shakespeare, Premio Terra de Melide 2008. Recollemos un fragmento da conversa: É unha novela moi popular, talvez a máis popular de Jaureguizar. A min gustaríame que o fose. Dende logo, ten unha vocación moi popular e unhas paixóns moi fortes que van na busca do público.

xg00156301

«A clase», de François Bégaudeau, primeira novidade de Xerais Narrativa 2009

A clase, a exitosa novela de François Begaudeau, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, será a primeira novidade de Xerais Narrativa para 2009. A clase aparecerá nas librarías, na segunda semana de xaneiro coincidindo coa estrea en España, o 16 de xaneiro, da película homónima de Laurent Cantet, premiada coa Palma de Ouro de Cannes 2008 e candidata francesa aos Oscar.

jaure-la-voz-20-12-2008

«O Globo de Shakespeare» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o día 20 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre O Globo de Shakespeare, a máis recente novela de Jaureguizar, gañadora do Premio Terra de Melide 2008.

mar-guerra-la-voz-13-12-20081

«Xenaro e o misterio da mochila verde» en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o pasado 13 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha crítica sobre Xenaro e o misterio da mochila verde, a novela de Mar Guerra, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2008.

monzo-la-voz-6-12-2008

«Mil cretinos» de Monzó en «Culturas»

Ramón Nicolás publicou o 6 de decembro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia esta crítica de Mil cretinos, o libro de relatos de Quim Monzó traducido por Helena González.

«Lía e as zapatillas de deporte»

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=e5-0pnNiL8k] María Reimóndez presentou en Espazo Lectura Lía e as zapatillas de deportes.

xg00161601

«Un país a medio facer», crítica de Arturo Casas

Arturo Casas publica no seu blog un interesante comentario sobre Un país a medio facer o máis recente libro de Fran Alonso. Recollemos un dos fragmentos do texto: Xulgo moi acertada esta lectura que Fran Alonso ofrece dos cambios habidos na vida cultural entre dous momentos profesionais seus separados por vinte anos no recentísimo Un país por facer (Xerais, 2008).

maldescolafaro

«Mal de escola», crítica no «Faro da Cultura»

Heitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura sobre Mal de escola, o libro de Daniel Pennac traducido para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto.

basesnovela

Premios Xerais 2009

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2009 (25.000 euros),  Merlín de Literatura Infantil 2009 (10.000 euros) e  Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 (10.000 euros). Para participar en calquera dos tres concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 13 abril de 2009 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A.

librodasv

«O libro das viaxes imaxinarias», crítica en «lg3»

Isabel Soto publica no espazo de crítica de «lg3» un interesantísimo traballo sobre O libro das viaxes imaxinarias de Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas. Esta obra foi gañadora do Premio Isaac Díaz Pardo 2008 ao mellor libro ilustrado do ano.

xg00137501

«A represión lingüística en Galiza no século XX»

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto: Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores.

cropped-fotoblog4

Conexión Tubinga blog

Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.