Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2008

“Festina lente”, adianto primeiras páxinas

Estes días chega as librarías Festina lente, a novela de Marcos S. Calveiro. Aquí poden lerse ou descargarse as dez primeiras páxinas. O autor acaba de abrir un blog da novela.

Finalistas Premios Xerais 2008

Tras a súa primeira sesión de deliberación, celebrada na tarde de hoxe, os xurados dos Premios Xerais 2008 declararon as obras finalistas nas tres modalidades.

“Recordar doe”, artigo de Manuel Rivas

Manuel Rivas dedica hoxe o seu artigo semanal do suplemento “Luces” de El País a Recordar doe, o libro memorialístico de Herminio Barreiro.

Nova referencia a «A represión lingüística en Galiza no século XX»

Na sección “Maré” do xornal Galicia Hoxe recóllese unha nova noticia sobre A represión lingüística en Galiza no século XX, de Mª Pilar Freitas, a partir do acto de presentación da obra que se celebrou onte en Pontevedra e no que acompañaron á autora Andrés Vilán, director do IES Valle Inclán de Pontevedra, Anxo Lorenzo, director da súa tese de doutoramento, e Fran Alonso, subdirector para a edición xeral de Edición

“As pontes do ceo”, nova crítica

Xulio Valcárcel publica na páxina literaria de El Ideal Gallego unha crítica completísima sobre As pontes no ceo, a derradeira entrega da triloxía “Vidas de infancia” de Ramiro Fonte. Recollemos varios fragmentos do texto: “Último volume da triloxía “Vidas de infancia”, As pontes no ceo pecha con ramo de ouro un dos proxectos literarios máis ambiciosos dos últimos tempos.

«Ética e Educación para a Cidadanía 4º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Ética e Educación para a Cidadanía 4º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

Nova crítica, “A venus de cristal”

A novela de Chelo Suárez, A venus de cristal, está sendo unha das nosas novidades que esta tempada recibe maior atención por parte da crítica.

Crítica de “Vestio”

Héitor Mera publica unha crítica no Faro da Cultura de hoxe sobre Vestio, a novela curta de Xosé Miranda publicada recentemente en Fóra de Xogo. Recollemos o parágrafo final do traballo titulado “A forza de intriga”: “En Vestio Xosé Miranda domina con mestría as técnicas do relato ou novela curta de medo.

Presentación “A represión lingüística en Galicia”

Mañá xoves 29 de maio, ás 20,00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán, rúa Montero Ríos, s/nº de Pontevedra, terá lugar o acto de presentación do libro A represión lingüística en Galiza no século XX de Pilar Freitas Juvino. O acto contará coa intervención de Andrés Vilán, Anxo Lorenzo, Fran Alonso e a autora.

X.L. Méndez Ferrín, Premio Nacional de Literatura 2008

Foto: Lalo Villar. Acollemos con ledicia a noticia da concesión do Premio Nacional de Literatura 2008 ao escritor X.L. Méndez Ferrín. O equipo de profesionais da editorial únese ao entusiasmo da sociedade galega recoñecendo con este premio o labor de Ferrín durante máis de cinco décadas a prol da nosa cultura nacional.

«Educación para a Cidadanía 2º ESO»: novo libro do alumnado para o curso 2008-2009

O novo manual que Edicións Xerais presenta para o alumnado de Educación para a Cidadanía 2º de ESO foi elaborado por Xesús E. García Castro, Eva Garea Traba, Mercedes Oliveira Malvar, Ricardo Rodríguez e Miguel Vázquez Freire, todos eles cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos das áreas de Ética, Filosofía e Socioloxía.

“Recordar doe”, memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro

Esta semana aparece nas librarías Recordar doe. Lembranzas escolares e universitarias (1940-1965), volume memorialístico de Herminio Barreiro, profesor de Historia da Educación da Universidade Compostelana e membro do grupo Brais Pinto. Esta é a crónica sentimental dunha experiencia escolar e universitaria que arranca da máis inmediata posguerra e chega ata promediada a década dos sesenta.