Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2008

“Festina lente”, os espazos da novela

Culturagalega.org tivo a feliz idea de acompañar a Marcos Calveiro no percorrido dos espazos composteláns de Festina lente. Un vídeo que moito recomendamos.

“Lía e as zapatillas de deporte”, segunda crítica

María Navarro publica no último número de Faro da cultura unha crítica de Lía e as zapatillas de deporte, o máis recente libro de María Reimóndez na colección Merlín.

Presentación en Noia

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia faise eco do acto de presentación de Veleno tinto de Ramón Carredano e Cazaría salvaxe de Agustín Agra, celebrado o venres, 27 de xuño, nos locais do Liceo de Noia. Ao acto, conducido polo escritor Carlos Mosteiro, asistiron máis dun centenar de persoas.

“Outra Galiza”, roda de prensa

O luns, 30 de xuño, ás 12:30, no Club Internacional de Prensa de Santiago, presentarase en roda de prensa Outra Galiza de Suso de Toro. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.

Optativas de Bacharelato

Aquí pode descargarse o decreto que establece a relación de materias optativas de bacharelato, o seu currículum e regula a súa oferta. Como materias optativas de oferta obrigatoria en todas as modalidades de bacharelato aparecen Música (1º), Segunda lingua estranxeira (1º e 2º) e Tecnoloxías da información e comunicación (1º).

Marcos Calveiro, entrevista en «Luces»

A raíz da recente saída da súa novela Festina lente, Marcos Calveiro é entrevistado por Daniel Salgado para a sección «Luces» de El País. Reproducimos un breve fragmento: A cidade [Santiago de Compostela] é protagonista da novela, unha cidade pechada, que aínda conserva as murallas. Cando hai un andazo, a muralla péchase; cando os lobos axexan a cidade, a muralla péchase.

“PAlAbrAs brAncAs”, presentación en Pontevedra

Mañá, xoves, ás 20,00 presentarase na Galería Sargadelos de Pontevedra PAlAbrAs brAncAs o poemario de Elvira Riveiro, ilustrado por Fino Lorenzo e publicado na colección Merlín. O acto está organizado pola asociación Máislibros.

“Decálogo do galego” por Xosé Manuel Pereiro

[vodpod id=ExternalVideo.

“Decálogo do galego” por Manuel Rivas

[vodpod id=ExternalVideo.

“Decálogo do galego”, presentación “Os Grouchos”

Martín Pawley fixo unha interesantes gravacións en vídeo dos actos de presentación d’ Os Grouchos en Santa Comba. Un dos momentos máis interesantes foi a lectura do “Decálogo do galego” polo propio Manuel Rivas e polo presentador do libro, Xosé Manuel Pereiro.

“Cazaría salvaxe” e “Veleno tinto”, presentación en Noia

O vindeiro venres, 27 de xuño, ás 20:30 horas serán presentados no Liceo de Noia Cazaría salvaxe de Agustín Agra e Veleno tinto de Ramón Carredano Cobas. No acto, organizado pola Asociación Culural Barbantia, La Voz de Galicia, a Sociedade Liceo de Noia e a editorial, participarán os autores, Carlos Mosteiro e Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Xerais realizará un importante número de actos na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Alameda viguesa do 27 de xuño ao 6 de xullo. 30 luns, ás 19,00 h: Manuel Rivas asinará Os Grouchos.  1 martes, ás 20,30 h: presentación de Festina lente de Marcos S. Calveiro. No acto intervirán Óscar Sánchez, Fran Alonso e o autor. 2 mércores, ás 20,00 h: Agustín Fernández Paz asinará O único que queda é o amor.