Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2008

“Poderosa”, diario dunha rapaza que tiña o mundo na man

Poderosa de Sèrgio Klein é un dos maiores éxitos da literatura xuvenil recente no Brasil. Traducida por Mercedes Pacheco Vázquez aparece esta semana en Fóra de Xogo para conquistar milleiros de lectores en galego.

“Proxecto bolboreta”

Esta semana aparecerá nas librarías galegas Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras, a obra gañadora do Primeiro certame de Micronovela convocado polo concello de Soutomaior. Esta é a primeira obra que publica esta xove narradora de Cambre, estudante de Filoloxía na Universidade da Coruña.

“Os nomes do traidor”, de Xurxo Sierra

Galicia hoxe publica unha reportaxe sobre Os nomes de traidor, a máis recente novela de Xurxo Sierra Veloso.

“Renacer”, crítica de Caneiro

Reproducimos o texto da crítica de Renacer de Xabier Paz, publicada por Xosé Carlos Caneiro no suplemento Culturas de La Voz de Galicia o pasado 2 de agosto. Son tres as novelas de cariz histórico que nos regalou Xerais nos últimos meses e que denotan, fundamentalmente, o olfato excelso dos seus editores. A Venus de cristal de Chelo Suárez, Festina lente de Marcos S. Calveiro e Renacer de Xabier Paz.

“Atracción total”, crítica en Protexta

“O profesor de vegliota”, crítica en Protexta

“Festina lente”, crítica en Protexta

Presentacións na Feira do libro da Coruña

Martin Pawley recolle no seu blog a súa crónica de varias das presentacións de libros de Xerais celebradas na Feira do Libro da Coruña.

“Festina lente”, conversa na Feira do libro da Coruña

Rubén Ruibal publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación de Festina lente de Marcos Calveiro na Feira do libro da Coruña.

Entrevista a Carmen Blanco

Galicia hoxe publica unha longa entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Carme Blanco, a raíz da presentación de Atracción total na Feira do Libro da Coruña. A autora lucense afirma que “Atracción total entrelaza historias, como a dos amantes de Augas Santas ou a de Xoana Capdevielle, coa arte pobre de muller dos retallos. É un canto á vida, ao amor e á liberdade. E di: Punto G Galicia. Gocemos.

“Terra libre”, novo cómic de Fran Jaraba

No Salón Viñetas do Atlántico, que se celebrará na Coruña dende o 11 ao 17 deste mes de agosto, será presentado Terra libre, o novo libro de cómic de Fran Jaraba. Terra libre é, tras Cita na Habana e Campos de Cuba, a terceira entrega da serie de álbums, protagonizada por Maxi Torres, nas que se narran os acontecementos do alzamento independentista cubano de 1897.

Críticas na revista “Os meus livros”

A prestixiosa revista literaria portuguesa Os meus livros (a única dedicada esxlusivamente aos libros en Portugal) dedica unha páxina para recomendar as edicións en portugués d’ O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz e Dragona de Xavier Queipo. Premer sobre a imaxe para ler o texto.