Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2008

«Os soños na gaiola» en Cedeira

O mércores, 5 de novembro, no Auditorio de Cedeira, ás 10:30 horas, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá unha representación do espectáculo «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke.

«O club da calceta» en Monforte

O martes, 4 de novembro, e o mércores, 5 de novembro, ás 11:30 horas, no Edificio Multiusos de Monforte, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá dúas representacións do espectáculo «O Club da calcetaa» da compañía Teatro do Morcego.

«Remoldiño vai á feira» en Cangas

O luns, 3 de novembro, na Biblioteca Municipal de Cangas do Morrazo, dentro campaña de animación lingüística «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia, haberá ás 10:30 horas e ás 11:30 horas, dúas representacións do espectáculo «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet.

«Voces á orella», campaña de animación lingüística

O vindeiro luns, 3 de novembro, comezan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia.

Pesar polo pasamento de Anxo Rei Ballesteros

A dirección e o cadro de profesionais de Xerais expresa o seu maior pesar pola pasamento no día de onte do escritor Anxo Rei Ballesteros, o xenial narrador e ensaísta autor de novelas como Dos anxos e dos mortos e Loaira. Xerais publicara en 1987 a súa peza teatral Xogo de damas dentro da colección «Libros do Centro Dramático Galego».

«O valor do envoltorio», primeira crítica

Pilar Ponte publica no Faro da Cultura unha crítica sobre O valor do envoltorio. Un estudo da influencia das TIC nos centros educativos, libro do colectivo Stellae, aparecida nas librarías recentemente.

«A vida encaixa»: alegoría contra o totalitarismo

Paula Fernández publica no Faro da Cultura unha crítica d’ A vida encaixa, a novela de Eugene, traducida por Emma Lázare e publicada en Sopa de libros.

«Veleno tinto»: relato de aventuras

Paula Fernández publica no Faro da Cultura unha crítica de Veleno tinto, a novela de Ramón Carredano publicada en Fóra de Xogo.

«Outra Galiza», crítica no «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica de Outra Galiza, o volume de Suso de Toro publicado en Xerais Crónica.

Justo Beramendi, entrevista no «Faro da Cultura»

Agustín Fernández Paz, entrevista en «El Progreso»

Entre o grande número de entrevistas realizadas a Agustín Fernández Paz, a raíz da obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, é moi salientable a de Jaureguizar no xornal El Progreso.

«Renacer», presentación na Coruña

O vindeiro venres, 31 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Sargadelos da Coruña presentarase Renacer, a novela de Xabier Paz. No acto participarán Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.