Menu Xerais

“Renacer”, Xabier Paz

Renacer é a primeira novela de Xabier Paz, autor que publicou en Xerais o poemario Materia de Lucrecio e a crónica Follas do bacallao. Renacer será presentada na Feira do Libro de Vigo.

Despois da morte do pornógrafo Aretino, a súa filla Adria navega pola súa intimidade, esculca no seu interior na procura de verdade acerca do pai, amante, xuíz e verdugo que marcou a súa existencia dende o afastamento convertido en fantasía permanente. O canon da época, as diferentes concepcións pictóricas e literarias da Venecia do século XVI proxéctanse sobre os personaxes, interactúan con eles até crear unha amálgama onde as obras e autores son protagonistas. As páxinas de Renacer, a primeira novela de Xabier Paz, revelan unha vida marcada por un home contraditorio; distante e rexo na casa, mais promiscuo nas súas relacións sociais, a vida dunha muller obrigada a cumprir a vontade do pai, da que fose con nocturnidade para topar o bálsamo consolador en Carmina: amiga, amante e centro da súa vida clandestina.

Hai 5 comentarios. Engade o teu.

ferradura en tránsito » Renacer

[...] o título da novela que estou [...]

ferradura en tránsito » a mellor novela de 2008, por fin

[...] un abano temporal comparábel. Porque ese espertar a unha nova mentalidade tamén se pode ler na de Xabier Paz ou na de Marcos Calveiro. E resulta complexo decidirse por unha de entre esas tres. Na miña [...]