Menu Xerais

Arquivo anual: 2009

Xosé Carlos Caneiro: «’O home do traxe branco’ é a sorpresa máis evidente da tempada»

Outra novela que, sinceramente, xulgo como a sorpresa da tempada: pola súa orixinalidade, fundamentalmente, inusual en todos os territorios literarios. Estou a falar d’ O home do traxe branco de Herikberto M. Quesada. Un cúmulo de imaxinación, arte (inclúe tamén os debuxos do propio autor) e fascinación. Quizá algúns xulguen esta entrega como unha obra de xénero fantástico extraterrestre, pero é moito máis.

Xavier Queipo entrevistado por «Xornal de Galicia»: «Eu son un ‘worst seller’»

Xavier Queipo é entrevistado hoxe por Iago Martínez para Xornal de Galicia con motivo da publicación do seu álbum A illa dos cangrexos violinistas (OQO editora). O autor de títulos narrativos como  O ladrón de esperma, Papaventos ou Dragona comenta que se considera un worst seller: «Son un dos [autores] que menos vende na literatura galega.

Xurxo Lobato: «A vaca é unha grande descoñecida»

O suplemento «Lecer« de Galicia hoxe e El Correo Gallego publicou o pasado domingo unha reportaxe-entrevista con Xurxo Lobato con motivo da publicación de No país das vacas. O texto, asinado por Vanesa Oliveira, debulla os contidos do volume no que Lobato comezou a traballar hai tres anos. «A pesar das aparencias, a vaca é a gran descoñecida en Galicia.

Os cinco mellores libros de 2009 para Jaureguizar

O símbolo perdido, de Dan Brown. O novo supervendas da Factoría Brown non está no meu top five soamente pola súa funcionalidade: cumpre coas expectativas de lexibilidade, ritmo e intriga. Fundamentalmente está como símbolo de anormalidade: é o único best-seller, considerado no seu sentido máis puro, que puidemos ler este ano. A maiores, foi unha editora foránea, El Aleph, quen nolo achegou. Mágoa.

«Mil cousas poden pasar»: contador de fantasías, crítica de Isabel Soto

Isabel Soto publica no espazo crítico de «lg3» unha fermosa crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do premio Merlín 2009. Baixo o título de «Contador de fantasía», Soto rastrexa na obra de Jacobo Fernández Serrano, descubrindo nela algúns dos antecedentes presentes na historia protagonizada por Lina e Pouco.

As mellores obras de 2009 para a crítica de «lg3» o portal literario de culturagalega.org

Varias obras publicadas pola editorial son citadas polas persoas encargadas da sección de crítica de «lg3», o portal literario de culturagalega.org, entre as mellores das publicadas en galego ao longo do ano 2009.

«O Club da calceta», estrea na G2

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/VyZiUIYAjk4" width="425" height="350" wmode="transparent" /] Mañá, 29 de decembro, ás 22:24 horas, emitirase sen cortes publicitarios na G2 (TDT) a película O club da calceta de Antón Dobao.

«O pintor do sombreiro de malvas» por An An Alfaya

O pintor do sombreiro de malvas é o título da novela galardoada co último premio Lazarillo de literatura xuvenil, concedido pola OEPLI; o seu autor, o galego Marcos S. Calveiro. Na súa traxectoria de escritor hai un bo puñado de libros publicados, recomendables e subliñados con merecidos recoñecementos.

2010, O ceo non sabe de fronteiras

Texto e ilustración extraídos de Valados de Agustín Fernández Paz e Xan López Domínguez.

«Mil cousas poden pasar« ou «Dando que pensar», crítica de María Navarro

O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de escritor en Mil cousas poden pasar. Libro I, que presenta un mundo fantástico debaixo da auga e outro, non menos fantástico, na superficie.

«O Cabo no Mundo» ou «Contra os señores do olvido»

Francisco Martínez Bouzas publica hoxe no «Faro da Cultura» a que constitúe a primeira crítica d’ O Cabo do Mundo, a novela de Xabier Quiroga. Baixo o título «Terror no Cabo» e o subtítulo «Contra os señores do olvido», Martínez Bouzas contextualiza esta obra dentro do esforzo da literatura galega de contribuír dende a ficción a reconstrución da Memoria Histórica.

Xosé Ramón Pena: «Cabanillas, xunto con Manuel Antonio, é o grande renovador da lírica galega do século XX»

Lucía Seoane entrevista a Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo con motivo da edición da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas.