Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2009

xg00015702

«Aire negro», edición definitiva

Chega estes días ás librarías como novidade unha nova edición de Aire negro de Agustín Fernández Paz. Aire negro, unha das máis loadas novelas do actual premio nacional de literatura infantil, é unha intensa e desacougante historia de amor, narrada cun uso maxistral do suspense e da intriga, que mantén a tensión ata a liña derradeira.

facebook_xerais

Xerais en Facebook

Dende onte Xerais está en Facebook.

Capa Narrativa

Xerais, novidades de marzo

No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades. No eido da edición literaria, na colección Xerais Narrativa aparecerán a novela Peaxes de Santiago Lopo e o libro de relatos Para seguir bailando de Francisco X. Fenrández Naval. En Xerais Crónica publicaranse as Conversas con Celso Emilio Ferreiro preparadas por Ramón Nicolás Rodríguez. Na serie Letras Galegas a novela de Daniel Ameixeiro Ramón Piñeiro.

rosalia_de_castro

Rosalía de Castro en Xerais

Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o 172 aniversario do nacemento en Santiago de Compostela de Rosalía de Castro. Dende os inicios de Xerais, a nosa escritora primeira sempre tivo unha importante presenza no noso catálogo. O primeiro título foi en 1982 a Poesía completa en galego, en edición do profesor Benito Varela Jácome, actualmente descatalogada despois de ser reimpresa en múltiples ocasións.

rosalia-capa.indd

«Rosalía 21»

Con motivo das actividades do Día de Rosalía (172 aniversario do seu nacemento) aparece, Rosalía 21, libro colectivo de ensaios que forma parte dun proxecto multisoporte, «Rosalía 21», que pretende reler a figura fundacional da literatura e da nación galega á luz de novas claves interpretativas e desde novos modelos estéticos.

Capa Universitaria

«De boa tinta. repertorio bibliográfico de e sobre Lorenzo Varela»

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares do libro de José Ángel García López, De boa tinta. repertorio bibliográfico de e sobre Lorenzo Varela. Este libro, preparado polo profesor José Ángel García López, ten un dobre obxectivo: por unha banda, reflicte o estado actual dos estudos relacionados con Lorenzo Varela e pretende ser unha ferramenta útil para os presentes e futuros analistas da súa obra.

xg00161001

«A corpo aberto», critica en «Faro da Cultura»

Pilar Ponte publicou no «Faro da Cultura« de 19 de febreiro unha crítica sobre A corpo aberto, o máis recente libro de xornalismo literario de Manuel Rivas. Reproducimos o texto: A última obra de Manuel Rivas, A corpo aberto, é unha recompilación de artigos publicados no xornal El País e na revista Integral onde o autor expresa o seu xeito de ver o mundo dende un posicionamento «Indie», libre, crítico e militante.

xg00161501

«Amor amén», no «Faro da Cultura»

Héitor Mera publicou no «Faro da Cultura» do 19 de febreiro unha crítica de Amor amén, o primeiro poemario de Iolanda Zúñiga. reproducimos o texto: Xa nos sorprendera Iolanda Zúñiga coas súas Vidas pos-it pola contención lingüística e fondura de miras literarias.

formato paxina impar

«Mariquiña, a carteira andoriña»

María Navarro publica no «Faro da Cultura» do 19 de febreiro unha crítica sobre Mariquiña a carteira andoriña, o libro de Mau e Pin, primeiro título da colección «Polo correo do vento». Reproducimos o texto: Da man de Edicións Xerais de Galicia chega Mariquiña a andoriña, unha carteira ben singular que percorre Galica entregándolles correspondencia a outros iguais.

«Os materiais curriculares en Galicia»

Chega ás librarías durante estes días de entroido  Os materiais curriculares en Galicia, a investigación de Xesús Rodríguez Rodríguez,  profesor da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

xg00139401

«Riofero», lectura de X. M. Eyré

O crítico X.M. Eyre publica no seu blog as primeiras impresións da súa lectura de Riofero, a recentísima novela de Xelís de Toro. Reproducimos un fragmento do texto: Míreno, comproben como xa desde o inicio está aí ese ar das grandes novelas norteamericanas de río, de río e de fronteira, Twain e Steinbeck son doadamente visíbeis e tamén nas personaxes.

ajure2

«O Globo de Shakespeare», presentación en Compostela

O venres, 20 de febreiro, ás 20:00 horas na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela,  Jaureguizar conversará con José María Giráldez sobre O Globo de Shakespeare.