Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2009

g30p59f1

Agustín Fernández Paz, entrevista en «La Voz de Galicia»

[Foto Gustavo Rivas] La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista con Agustín Fernández Paz. O autor de Vilalba, que será o mantedor literario do Premio Xerais 2009, fala con Begoña Sotelino sobre Lúa do Senegal, o seu libro máis recente.

Finalistas dos Premios Xerais 2009

Reunido, hoxe 29 de maio, no castelo de Soutomaior, o xurado da XXVI edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.

XG00165701

“Lúa do Senegal”, novo libro de Agustín Fernández Paz

Acaba de entrar no almacén Lúa do Senegal, o novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Marina Seoane. Publicada na colección Sopa de Libros, na serie de 10 anos en diante, esta é a primeira novela publicada por Fernández Paz, tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil. Lúa do Senegal será publicada no vindeiro outono en castelán por Anaya Infantil y Juvenil e en catalán por Barcanova.

10001830813

Homenaxe a Taxes en Vimianzo

Recollemos esta noticia da edición de La Voz de Galicia de Carballo sobre a homenaxe tributado ao escritor Francisco Taxes polo alumnado do IES Terra de Vimianzo: Un nutrido grupo de profesores del instituto Terra de Vimianzo (me cuenta mi compañera y sin embargo amiga L.

Maquetaci—n 1

“Cabalos de vento. Curros de pedra”

A Revista das letras de Galicia hoxe dedica un monográfico a Cabalos de vento. Curros de pedra, o libro de Xavier Teniente e Xosé Guillermo. Oito páxinas de impactante beleza. Un documento literario moi reocmendable.

XG00167401

“Monte Louro”, presentación en Burela

O vindeiro sábado, 30 de maio, ás 12:30 horas no salón de plenos do concello de Burela realizarase o acto de entrega do Premio Blanco Amor 2009 e a presentación da novela gañadora, Monte Louro de Luís Rei Núñez.

XG00164201

“O ‘Salto do Can” en “Galicia hoxe”

Coincidindo coa presentación hoxe en Ferrol d’ O ‘Salto do Can, M. Dopico publica en Galicia hoxe unha reportaxe entrevista sobre esta primeira novela de Jorge Llorca. Recollemos un fragmento das declaracións de Llorca sobre o sentido dunha novela na que os seus personaxes comparten os fracasos, mais non desisten da súa capacidade de soñar.

farodacultura

Ramón Nicolás entrevistado en “Faro da Cultura”

A publicación de Conversas con Celso Emilio Ferreiro está recibindo unha grande atención dos medios. Hoxe Natalia Álvarez publica en “Faro da Cultura”  unha entrevista dunha páxina co seu autor, o crítico Ramón Nicolás.

farodacultura

“TSC. Diario da noite”, crítica en “Faro da Cultura”

Laura Caveiro publica hoxe en “Faro da Cultura” unha crítica de TSC.Diario da noite, o poemario de Alfonso Armada.

10002820313

Estíbaliz Espinosa en “Libro Aberto”

Esta noite no programa Libro Aberto da TVG (0:30 horas), Estíbaliz Espinosa falará sobre o seu poemario Zoommm. Textos biónicos no que aborda a orixe de vida. O programa será emitido, tamén, o luns 1 de xuño, ás 23:30 horas pola G-2 (TDT).

XG00163101

Seis novos merlíns nas librarías

Esta semana chegan ás librarías seis novos títulos da colección Merlín: Leocadio, o león de Oli, ilustrado por Teresa Novoa; Mar adiante de María Victoria Moreno, ilustrado por Manuel Uhía; Rata linda de Compostela de Bernardino Graña, ilustrado por Manuel Uhía; A profesora Ripaldi de María Alcañiz; Restaurante Farruco de Chus Pereiro, ilustrado por Xan López Domínguez e Lixo de Xavier López Rodríguez, ilustrado por Ant

2009052322312888271

Homenaxe á Cidade da Liberdade

Foi un espectáculo literario-musical dunha emotividade cativante. A verdade é que Rivas, ademais de saber escoller ben os seus artistas colaboradores (que foron un bon lote), soubo transmitir un coruñesismo cheo de sentimentos positivos sobre un presente que se ergue sobre unha historia libertaria repleta de heroicidades, despois decapitada polo franquismo.