Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2009

reloxo

Que libro de Xerais recomendas para o verán?

No perfil de Facebook de Xerais estase desenvolvendo un interesante debate sobre os libros do catálogo da editorial que os seareiros e seareiras recomendan para o verán. Ata o momento as propostas son moi diversas: Eva Carrión del Pozo recomenda Resistencia de Rosa Aneiros. “Eu téñolle un especial apego a este libro porque, coma quen di, fun aprendendo galego con el.

10000571113

“Pirata”, presentación en Vigo

María Reimóndez presentará mañá, martes 30 de xuño, Pirata, a súa terceira novela. No acto, que terá lugar no salón noble do Club Náutico de Vigo, actuará o cantante Xabier Díaz.

XG00163201

“Makinaria”, crítica en “lg3″

Isabel Soto publica en “lg3″ unha nova crítica sobre o poemario Makinaria de Carlos Negro. Makinaria cheira a música a todo volume, a ritmo marcado e persistente, a letras de cancións, susceptibles de seren declamadas ou berradas, a makina e hip hop, a coches maqueados, a velocidade, a goma de pneumático queimada. Un libro de versos sen final feliz: porque a Morte converte a euforia en chatarra.

De Bernardino a Novoneira

Artigo de X.L. Méndez Ferrín en Faro de Vigo con motivo da elección de Bernardino Graña como membro da Academia Galega e da designación de Uxío Novoneira como figura homenaxeada o vindeiro 17 de maio. Unha lectura moi recomendable. Soemos decer que a Academia certa sempre ao designar a persoa que ha de ser celebrada no Día das Letras Galegas.

2009062817244725249

Luís Rei Núñez, entrevista en “Xornal de Galicia”

Víctor Paz Morandeira publica hoxe en Xornal de Galicia unha  entrevista con Luís Rei Núñez, a raíz da publicación de Monte Louro, a novela gañadora do Premio Blanco Amor 2009.

XG00167401

Dez razóns para ler “Monte Louro”

Recollemos un fragmento da intervención que sobre a novelagañadora do Blanco Amor 2009  Monte Louro de Luís Rei Núñez  leu o crítico e profesor Armando Requeixo durante o acto de presentación en Burela, o pasado 30 de maio. ….

11178013

Bernardino Graña elixido académico

Na mesma sesión na que A Academia Galega designou a Uxío Novoneyra como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2010, foi elixido académico o seu amigo o poeta Bernardino Graña. Un nomeamento que a todo o cadro de persoal da editorial nos enche de fachenda e satisfacción polo vencellamento solidario de Bernardino con Xerais, ao longo de tres décadas, na que ten publicada unha boa parte da súa obra.

12003113

Uxío Novoneyra, 17 de maio 2010

En Xerais recibimos con enorme satisfacción a designación por parte da Academia Galega do poeta Uxío Novoneyra como figura homenaxeada o 17 de maio de 2010.  Recoñécese así a traxectoria do autor d’ Os Eidos como unha das fulcrais da poesía galega do século XX.

XG00163201

“Makinaria”, primeira crítica

Montse Penas publica no suplemento «Nós» de Xornal de Galicia a primeira crítica tras a aparición do poemario de Carlos Negro Makinaria dentro da colección xuvenil Fóra de Xogo.

“Ás de bolboreta”, Premio Caixa Galicia 2009, un capítulo para descargar

Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009.

XG00166101

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”

Baixo o título “O adeus da dignidade” Galicia hoxe publica unha completísima reportaxe sobre o libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Así mesmo, La Voz de Galicia publica outra ampla noticia sobre a aprición do libro.

XG00156401

“Pirata”, presentación en Vigo

O vindeiro martes, 30 de xuño, ás 20:30 no salón noble do Club Náutico de Vigo presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez.  Acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o cantante Xabier Díaz.