Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2009

etiqueta_para_todos_cub

«Etiqueta para todos»

Acaba de chegar ás librarías o libro de Irene Pérez Pintos, ilustrado por Iván Rodríguez, Etiqueta para todos. Manual de regulares maneiras pero de bastante educación para a cidadanía.

XG00163601

«O recendo das mimosas» de Agustín Agra

Agustín Agra debuta na colección Xerais Narrativa cun libro de relatos, O recendo das mimosas.

XG00167201

«Mercurio» de Emilio Alonso

Chega ás librarías Mercurio, a novela de Emilio Alonso gañadora do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas 2008. Mercurio é un thriller ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, mediático e famoso grazas á televisión.

XG00125501

«Escapado» de Luís Lamela

Esta semana chega ás librarías Escapado. Do Monte do Pindo ao exilio, pasando pola illa de San Simón, a primeira novela de Luís Lamela, un dos investigadores máis importantes sobre a memoria republicana de Galicia. Escapado.

2009-07-27_IMG_2009-07-27_22_56_43_vi10

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán protagoniza hoxe unha ampla reportaxe de Faro de Vigo na que Fernando Franco fai un interesantísimo percorrido pola súa traxectoria biográfica e literaria. Así mesmo, María Xosé Queizán publica esta semana n’ A Nosa Terra unha columna de opinión sobre Prostitución: clientes e outros homes, libro das sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire.

2009-07-27_IMG_2009-07-27_01_37_07_our2ferrin

Méndez Ferrín nomeado «Arraiano Maior»

Ferrín con membros da asociación Arraianos. Foto I. Osorio. O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín foi nomeado onte «Arraiano Maior» pola asociación Arraianos, no seo dunha festa transfronteiriza que se realizou no día de onte. As nosas beizóns para Ferrín e para os organizadores do merecido recoñecemento.

capa_lostregos.indd

“Lóstregos” de Xosé Neira Vilas premio de xornalismo Manuel Reimóndez Portela

Xosé Neira Vilas obtivo o XIV premio de xornalismo Manuel Reimóndez Portela, organizado pola Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, polas colaboracións que ven publicando en El Correo Gallego baixo o epígrafe «Lóstregos». Concesión do premio que coincide coa chegada estes días ás librarías galegas do libro homónimo no que Neira Vilas recolle un centenar destes traballos.

XG00164301

“Prostitución: clientes e outros homes”

Aquí pode escoitarse a conversa que os responsables do Diario Cultural da Radio Galega mantiveron coas sociólogas Águeda Gómez Suárez e Silvia Pérez Freire, autoras da investigación recollida no libro Prostitución: clientes e outros homes.

Capa o sombreiro chichiriteiro .indd

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Na Feira do Libro da Coruña, que se celebrará nos xardíns de Méndez Núñez, do 1 ao 10 de agosto, Xerais ten programadas as seguintes actividades: Día 1.  Sábado 18.30    O escritor e xornalista Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro O sombreiro chichiriteiro e de toda a súa obra. Día 3.  Luns 20.

194-f-cartaz350

Xerais no Festigal 2009

Hoxe no seo de Festigal realizaranse as presentacións de dous dos nosos libros da colección de ensaio: ás 18:00 horas O natural é político de Teresa Moure e ás 19:30 Nos camiños do entusiasmo de Goretti Sanmartín. En senllos actos as autoras estarán acompañadas polo editor Manuel Bragado.

XG00139401

«Riofero» de Xelís de Toro, unha selva de novelas

Xavier Queipo Algúns autores destilan as súas novelas coa lentitude coa que madurecen os viños do Porto e ofrcennos así, de cada tanto, unha garrafa de sabores e delicias que se diría extraída das reservas das caves de Vilanova de Gaia. Dez anos de silenzo levou Xelís de Toro no intervalo de producir este Riofero desque nos presentase –no século pasado- os seus Saltimbanquis no Paraíso.

2009072200490544199

«A vida do outro», presentación en Compostela

Foto: Tamara de la Fuente. A vida do outro de Carlos G. Reigosa, a novela gañadora da XXª edición do Premio Torrente Ballester, foi presentada onte en Compostela. Acompañaron ao autor o escritor Fermín Bouza e o profesor e comentarista político Xosé Luís Barreiro Rivas. Camilo Franco en La Voz de Galicia cualificou a obra como «unha novela da xeración da Transición».