Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2009

«TSC Diario da noite» de Alfonso Armada, crítica de Ramón Nicolás

Calquera crítica non deixa de ser, por parte de quen a asina, un comentario subxectivo, de   pousos, de sedimentos… Lin TSC. Diario da noite hai xa un par de meses e estes días volvín a el e aquelas sensacións iniciais retornaron,  se couber, con máis intensidade.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Ourense

O vindeiro xoves, 3 de decembro, ás 20:15 horas nas instalacións do Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal nº 5) terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a obra máis recente de Suso de Toro. No acto o editor Manuel Bragado conversará con Suso de Toro sobre a novela.

«Episodios galegos» de Manuel Rivas, presentación en AchegArte

A sala Bitácora de Palexco quedou moi pequena para acoller a todas as persoas que quixeron asistir á primeira presentación de Episodios galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de Manuel Rivas na colección Xerais Crónica. O acto, que formaba parte do apretadísimo programa de AchegArte, contou coa participación do editor Manuel Bragado e de Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas de Galicia.

«Poesía galega completa» de Ramón Cabanillas, presentación nas xornadas do Pen Club

Coincidindo coa celebración en Cambados das Xornadas literarias «Ramón Cabanillas, a modernidade na poesía galega», organizadas polo Pen Club Galicia, o sábado 28 de novembro, o editor Manuel Bragado presentou o volume Poesía galega completa de Ramón Cabanillas, preparado polos catedráticos Xosé María Dobarro e Xosé Ramón Pena.

«Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia», presentación en Ferrol

O vindeiro luns, 30 de novembro, ás 20:00 horas nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (rúa Rubalcava 30-32) presentarase Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández. No acto, acompañarán ao autor Guillermo Llorca Freire, catedrático de catedrático de Xeografía e Historia do IES Sofía Casanova e Manuel Bragado, director de Xerais.

«Pingueiras e tarteiras», crítica de Paula Fernández

Sobre Pingueiras e Tarteiras A compañía do Circo do Paraugas chega ao palacio Grisallo na procura dun lugar onde poder exhibir o seu espectáculo.

«Gran Dicionario Xerais» comeza a chegar ás librarías

Anunciamos con grande satisfacción a chegada ás librarías estes días dos primeiros exemplares do Gran Dicionario Xerais da Lingua. Os dous volumes (2.464 páxinas e 100.000 entradas) saen á venda ao prezo de 80,00 euros, que a partir do 1 de xaneiro de 2010 será modificado a 110 euros. Pódese baixar aquí o pdf coas características da obra e da oferta de lanzamento e aquí as primeiras páxinas.

«Episodios galegos» de Manuel Rivas, presentación no serán do sábado en AchegArte

Episodios Galegos. Tempos de esperpento, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas será presentado no serán do vindeiro sábado (ás 19:30 horas) no seo das actividades de AchegArte (Feira da Industria Cultural da Coruña), organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

“A cova das vacas mortas”, unidade didáctica de Pilar Ponte

Recomendamos moi vivamente a unidade didáctica que a profesora Pilar Ponte preparou sobre A cova das vacas mortas, a novela de Jaureguízar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. A unidade didáctica está aconsellada para alumnado de Bacharelato, mais tamén está sendo utilizada con éxito en diversas aulas de 4º de ESO. Os nosos parabéns á autora e á iniciativa da AELG.

Convocado o IVº Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico

Acabamos de coñecer as bases do IVº Premio «Diario Cultural» de Teatro Radiofónico, organizado polo «Diario Cultural» da Radio Galega e o Centro Dramático Galego, co patrocinio de AGADIC. Un premio que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico.

«A fráxil existencia», mesa redonda do Club de Lectura Tendendo Redes de Gálix

Mañá xoves, 26 de novembro de 2009, nas instalacións do Consello da Cultura Galega de Santiago, entre ás 17:00 e as 19:00 horas terá lugar unha mesa redonda arredor da temática «A fráxil existencia». No acto, que forma parte das actividades do Club de Lectura Tendendo redes de Gálix e e será moderado por Ánxela Gracián, participarán Concha Blanco, Marcos Calveiro e Rosa Aneiros.

«Monte Louro», segunda edición e presentación en Muros

O vindeiro venres, 27 d enovembro, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura de Muros (Estrada Miraflores s/nº) terá lugar a presentación de Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez gañadora do Premio Blanco Amor 2009. Acompañarán ao autor no acto, Laura Eiras (concelleira de Cultura do concello de Muros), Concha Martínez Mayo e Manuel Bragado.