Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2010

Cid Cabido: «A memoria sempre se transforma en ficción»

«Xosé Cid Cabido (Xunqueira de Ambía, 1959) réxese pola teoría de que o eco mediático dos artistas acaba por volverse en contra da súa obra. Aínda que nesta ocasión fixo unha excepción, apenas dá entrevistas, non intervén en actos promocionais, rexeita difundir a súa imaxe… e, non obstante, é un dos novelistas máis esperados.

Pemón Bouzas… «Con “Sete palabras” Suso de Toro supérase a si mesmo»

O exercicio da escritura, xa de por si complexo, require ás veces dun esforzo adicional superior, incluso extremo. Sobre todo cando se xuntan escritura e memoria, memoria persoal, memoria que atinxe ó máis íntimo da persoa e dos seres queridos, da familia, dos maiores. Esforzo superior cando hai que ir descubrindo o que os pais e os avós xa non poden contar. Cando hai que converter os descubrimentos e a ausencia deles en novela.

Encontro virtual con Agustín Fernández Paz

Nas sesións do club de lectura compartida Lendo Contigo de Espazo Lectura un dos elementos máis motivadores e atractivos para os nenos e nenas que participan é poderen establecer un diálogo cos autores e autoras dos libros que len.  Nesta ocasión, o atractivo do encontro con Agustín Fernández Paz, o autor de Valados, tamén estará na fórmula utilizada.

Faleceu J.D.Salinger

Onte faleceu en Nova York J.D.Salinger, un dos narradores máis importantes da literatura contemporánea. Xerais ten no seu catálogo a súa obra principal, O vixía no centeo, unha novela de formación, publicada en 1951, que constitúe dende entón, un referente para lectores e lectoras de diversas xeracións.

No país das vacas, por Miguel Anxo Fernán Vello

No país das vacas é o título do último libro de Xurxo Lobato, publicado por Edicións Xerais de Galicia. E xa o título, digámolo de entrada, xunto co seguimento da obra do autor, alimenta o noso interese.

Méndez Ferrín, presidente da RAG, entrevistado en «Luces»

Recomendamos vivamente a lectura da entrevista a Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, publicada no suplemento «Luces» de El País Galicia. O texto completo, preparado por Daniel Salgado, pode lerse só na versión impresa.

Dolores Vilavedra valora «Unha historia que non vou contar» de Cid Cabido

O FRANQUISMO CORRUPTO Cid Cabido consegue en Unha historia que non vou contar aproveitar a fondo o que a priori era só, nin máis nin menos, unha boa historia: o asasinato nos anos 70 dun coñecido empresario da conserva, e as hipotéticas conexións do crime co sonado caso Reace. Como Capote no seu día, Cid tira da realidade historia e personaxes e revélanos unha vez máis (xa o fixera en Panificadora) o potencial literario de Vigo.

«A dama da luz», crítica de Paula Fernández

A beleza que presaxian as tapas d’A dama da luz faise patente no momento que comezamos a súa lectura e pasamos a visualizar a fermosura das súas detallistas ilustracións e a deleitármonos coa súa prosa; ambas as dúas compoñentes imprescindibles deste álbum ideado e ilustrado por Jorge Magutis e escrito por Agustín Fernández Paz que parte dunha rapaza, Marta, ao tempo protagonista e narrataria, e o seu avó, tamén protagonis

«”Sete palabras” é un libro onde se funden literatura máis vida»

«Unha busca da identidade e das orixes: iso é Sete palabras (Edicións Xerais 2009), a nova obra de Suso de Toro , na que o escritor se converte en personaxe de novela, protagonista e narrador a un tempo. Ficción e realidade mestúranse ao longo das páxinas nunha sorte de viaxe dende Santiago de Compostela deica  Cuba, as terras zamoranas ou Madrid; de travesía interior dende a actualidade ata os comezos do século pasado».

No país das mil vacas

Na súa edición do pasado domingo, La Voz de Galicia faise eco da aparición de No país das vacas, o libro máis recente de Xurxo Lobato. Baixo o título de «En el país de las mil vacas», J. Benito percorre os principais contidos da obra, salientando que é «una publicación que rinde tributo a un animal asociado a la imagen de Galicia, que explica cómo vive, de qué vive y quién vive de ella.

«Mais que ben que a contou», unha crítica de Vicente Araguas

A CRÍTICA CONSIDÉRAO UN DOS MELLORES LIBROS DO ANO PASADO Cid Cabido é unha «rara avis» na nosa literatura. Un nachiño que xa non é que omita a súa foto nas lapelas dos seus libros (nun deles aparecía ao lonxe, figuriña mínima nunha paisaxe portuaria) senón que ás veces, así a novela que teño diante miña, nin sequera se nos di quen é e onde vai este escritor que se apelida Cid e máis Cabido.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Rianxo

O libro de Suso de Toro Sete palabras será presentado este venres 29 de xaneiro ás 20:30 no auditorio de Rianxo. No acto estarán presentes o autor; o secretario de Barbantia, Xosé Ricardo Losada; o académico, investigador e Premio Barbantia da Cultura Galega 2009, Xosé Luís Axeitos; o director de Xerais, Manuel Bragado; e mais o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro.