Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2010

Montse Pena Presas escribe en «lg3» sobre «Poderosa 2» de Sèrgio Klein

ESCRIBIR PARA TRANSFORMAR, ESCRIBIR PARA ATOPARSE Cando en novembro de 2008 saudei xubilosa, neste mesmo espazo, a chegada ao mundo editorial galego de Poderosa de Sérgio Klein, non me equivoquei. Púideno comprobar agora que veño de rematar Poderosa 2, o regreso das aventuras de Joana Dalva que se vén de tirar na colección “Fóra de Xogo” de Xerais.

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro

Estes días, coincidindo co inicio da feira do Libro de Compostela, comezan a chegar á slibrarías os primeiros exemplares da novela de Marcos Calveiro gañadora do Premio Lazarillo 2009 de literatura xuvenil O pintor do sombreiro de malvas. Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers.

Ricardo Gurriarán, autor de «Inmunda escoria», entrevista en «El País»

Daniel Salgado publica unha longa entrevista nas páxinas de «Luces» de El País Galicia con Ricardo Gurriarán, autor de Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1969. Gurriarán presentou onte na súa cidade natal, O Barco de Valdeorras.

«Dragal» de Elena Gallego Abad, inicio dunha prometedora triloxía

Elena Gallego Abad debuta na narrativa galega con Dragal. A Herdanza do Dragón, unha primeira novela, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil 2009, coa que se inicia, ademais, unha futura triloxía baixo o título de “Dragal”, o dragón galego. Dragal.

Unha fermosa guía de lectura de «Contos para levar no peto»

Moitas grazas ao CEIP Alexandre Bóveda por este magnífico traballo arredor de Contos para levar no peto.

«Cama e conto», crítica de María Navarro

TENRO E DELICADO Cama e conto constitúe un texto tenro e delicado que expón unha realidade cotiá. Gonzalo Moure, convencido de que todo o vivimos na intimidade da nosa mente, escribe un conto no que salientan as perspectivas adoitadas; primeiro a da nena, Malva, logo a da nai e superposta a elas, a do lector, mozo e adulto, como complemento do proceso comunicativo que supón o libro.

«Uxío Novoneyra. Revisitado», crítica de Armando Requeixo

LECTURA AGRADECIDA Xosé Lois García, para alén do seu estimable traballo como poeta, ten gañado merecidamente a sona de ensaísta e investigador serio e rigoroso. Xusto por iso, a aparición dun novo volume seu é sempre garantía de contribución de interese certo. O que escribo vese confirmado en Uxío Novoneyra. Revisitado, xenuína achega ao particular cosmos creativo e vital do autor do Courel.

«Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, crítica de Isabel Soto

PERSONAXES ELIXIDOS Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil. Tras catro convocatorias, desde a súa creación en 2006 froito dun acordo entre a Fundación Caixa Galicia e Edicións Xerais, o galardón converteuse nun bo seleccionador de tendencias, temas e autores do século XXI dentro do amplo espectro da “literatura xuvenil”, tendo en conta que no xurado participan mozos e mozas.

Blanca Roig escribe sobre «Lúa do Senegal» de Agustín Fernández Paz

Blanca Ana Roig Rechou, profesora da USC, inaugura en El Correo Gallego a súa sección sobre Literatura Infantil e Xuvenil cun formidable artigo sobre Lúa do Senegal, a novela de Agustín Fernández Paz, recentemente gañadora do Premio AELG 2010 ao mellor libro infantil e xuvenil de 2010.

«”Níxer”: crónicas para un país silenciado»

Acción Contra a Fame e Xerais publican Níxer, un libro solidario sobre o país africano Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí.

Marcos Calveiro: «O labirinto dos contrastes»

Montse Dopico entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da aparición de Settecento. Recollemos algunhas das respostas de Calveiro: «O que me interesa é a contradición. Por un lado ese control, as delacións, a Inquisición, e por outra banda unha cidade en plena efervescencia cultural, e nese sentido cunha sociedade máis libre… A novela ía titularse A gramática das máscaras.

«Guía do Camiño de Santiago para peregrinos» de Antón Pombo

Xa está nas librarías a Guía do Camiño de Santiago para peregrinos, preparada por Antón Pombo, veterano membro da Asociación Galega de Amigos do Camiño. Esta Guía do Camiño de Santiago para peregrinos de Antón Pombo inclúe o percorrido desde Ponferrada a Compostela a través de 9 etapas coidadosamente descritas.