Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2010

«A Cabeza de Medusa» recomendada polas lectoras do Clube Linguason

Tres lectoras do Club Linguason recomendan a novela de Marilar Aleixandre A Cabeza de Medusa Marilar Aleixandre é Doutora en Bioloxía e Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Actualmente é profesora na Universidade de Santiago de Compostela.

«Vicente Araguas: “Xuvia-Neda é un libro agridoce”», entrevista de Giráldez

José Miguel Giráldez publicou onte en El Correo Gallego dúas páxinas arredor da publicación de Xuvia-Neda o libro de relatos de Vicente Araguas que está provocando un grand eimpacto na sociedade literaria galega. Recollemos o inicio dunha entrevista moi interesante: Xuvia-Neda, o obxecto principal desta entrevista, é, como dicimos, unha colección de relatos intensos, nos que o humor está moi presente.

«A lúa dos Everglades» de Xesús Manuel Marcos na mesa de noite de Marcos Calveiro

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007 Marcos Calveiro recomenda a lectura da obra A lúa dos Everglades, escrita por Xesús Manuel Marcos e premiada en 2007 co Premio Terra de Melide. O autor de Setecentto atopou neste libro unha gran novela que, afastándose dos tópicos da manida literatura da emigración, retrata a vida de diferentes persoas máis aló da súa terra.

Marilar Aleixandre: «A escritora na súa Terra», 5 de xuño en Compostela

O sábado 5 de xuño a Asociación de Escritores en Lingua Galega celebra a XVI Edición “O/A Escritor/a na súa Terra”, recaendo este ano na figura de Marilar Aleixandre, que será homenaxeada en Santiago de Compostela. Os actos da homenaxe comezarán ás 11:45 horas coa plantación dun abruñeiro e a descuberta dun monolito preto da rúa Barcelona.

«Mesteres» de Arcadio López Casanova, tradución ao castelán en Cátedra

Dicir na historia da literatura galega contemporánea Mesteres é iluminar un espazo de creación lírica que é marca absoluta de identidade dun dos grandes poetas galegos do noso tempo.

Marcos Calveiro, entrevista en «La Voz de Galicia»

Begoña Sotelino publica na edición de hoxe de La Voz de Galicia unha interesante entrevista con Marcos Calveiro con motivo da publicación de Settecento. Reproducímola na súa totalidade.

Marcos Calveiro presentou as súas novelas en Serra de Outes

Da man da Asociación Cultural Barbantia, o pasado venres, 28 de maio, Marcos Calveiro presentou as súas dúas novelas máis recentes, Settecento e O pintor do sombreiro de malvas en Serra de Outes. La Voz de Galicia publicou unha crónica do acto no que Calveiro cualificou a literatura galega actual como a mellor do Estado.

«Níxer», presentación na Coruña

O vindeiro martes, 1 de xuño, ás 20:00 horas na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas, 12 da Coruña, presentarase Níxer, o libro publicado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame. No acto participarán tres dos autores, Alfonso Costa, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval, que estarán acompañados pola responsable en Galicia de Acción contra a Fame, Isabel Iglesias Santos e polo editor Manuel Bragado.

«Proxecto pomba dourada» de Miguel Vázquez Freire

Proxecto pomba dourada de Miguel Vázquez Freire Arno, ao chegar da escola, atópase a seus pais asasinados. Os pais de Arno eran uns famosos científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña: o Proxecto Pomba Dourada. Para tentar averiguar algo, métese no ordenador de seus pais e estes danlle pistas para que só el poda acertar o contrasinal, que é MERLÍN.

«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas

[Unha estrela no vento] A novela de Ledicia Costas segue a ser unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas dos primeiros cursos da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura. Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. O protagonista na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula e aínda vai ao instituto.

Teresa Moure, entrevista en «La Opinión da Coruña»

Noelía Díaz entrevista en La Opinión da Coruña a Teresa Moure con motivo da publicación d’ A Intervención.

Manuel Portas, entrevista en «El Correo Gallego»

Sandra Cuíña entrevista en El Correo Gallego a Manuel Portas con motivo da publicación de Denso recendo a salgado, a súa primeira novela.