Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2010

«Todos somos periferia», entrevista a Iolanda Zúñiga en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez entrevista a Iolanda Zúñiga en Xornal de Galicia, dúas semanas despois da entrega do Premio Xerais de Novela 2010. A autora de Periferia ultima estes días o o rixinal da novela que aparecerá nos andeis das librarías na primeira semana de outubro.

«En castellano no hay problema», presentación na Estrada

O vindeiro mércores, 30 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións de Caixanova da Estrada, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay  problema. No acto acompañarán ao autor, David Otero.

«En castellano no hay problema», presentación na Coruña

O vindeiro martes, 29 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións da Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (rúa Panaderas 12), realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay  problema. No acto acompañarán ao autor, Manuel Rivas, Iria Taibo e o editor Manuel Bragado.

«Narradoras para o século XXI» por Teresa Cuíñas

A LITERATURA SAÚDA A UNHA NOVA XERACIÓN DE MULLERES PROSISTAS Dezaoito anos despois da súa creación, en 2001 o Premio Xerais de Novela, o de maior dotación económica en lingua galega, distinguiu, por vez primeira, unha obra escrita por unha muller.

«Anthology of Galician Literature» de Jonathan Dunne

UNHA ANTOLOXÍA CON VOCACIÓN TOTALIZADORA E CANONIZADORA A magna Anthology of Galicia Literatura/Antoloxía da Literatura Galega preparada por Jonathan Dunne sinala, na miña opinión, un dos camiños polo que o noso sistema literario se debe encarreirar na loita pola súa supervivencia: o da colaboración entre empresas (aquí Xerais e Galaxia), neste caso abenzoada co apoio da Xunta, cuxa ausencia resultaría incomprensible nun proxe

«O coitelo en novembro» de Marilar Aleixandre

UN LIBRO DOTADO DUNHA COHERENCIA POUCO COMÚN Entre as novidades literarias máis recomendables salienta O coitelo en novembro de Marilar Aleixandre.

«Ler é sexy» por Dolores Vilavedra

Por se non o sabían. Ademais de moitas outras cousas, todas elas moi louvables, ler é sexy. Graciñas a Iolanda Zúñiga, gañadora do Premio Xerais de novela 2010, por lembrárnolo na camiseta que vestía cando recolleu o galardón. Unha ás veces esquece ese tipo de obviedades, sobre todo nos tempos que corren.

Literatura Galega 2009, panorámica de Luciano Rodríguez en «Ínsula»

Luciano Rodríguez publica na revista Ínsula (páxinas 23-25 do número do mes de xuño) unha completa panorama do que foi a literatura galega no pasado ano 2009. Entre os títulos recomendados no eido da Narrativa, Luciano Rodríguez destaca algúns publicados por Xerais como Monte Louro de Luís Rei Núñez, A vida do outro de Carlos G.

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Soutomaior

O vindeiro venres, 25 de xuño, ás 20:30 horas, nas instalacións do Multiusos de Arcade en Soutomaior, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay  problema. No acto acompañarán ao autor, Nacho Carballal, responsable da plataforma Queremos galego de Soutomaior e o editor Manuel Bragado.

«Denso recendo a salgado» de Manuel Portas, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 24 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro de Vigo (Rúa Eduardo Iglesias 12), presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. No acto acompañará ao autor o editor Fran Alonso.

«”Xuvia-Neda”: o moito que dá de si un mes de verán»

Guillermo Llorca publica hoxe en Diario de Ferrol unha moi gabanciosa crítica de Xuvia-Neda o aclamadísimo libro de relatos de Vicente Araguas. O texto pode baixarse en pdf aquí.

«”O pintor do sombreiro de malvas”: Unha homenaxe á pintura»

O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, achégase ás derradeiras horas do xenial Vincent Van Gogh Marcos Calveiro iniciou a súa andaina na LIX galega en 2006, ano en que deu a lume Sari soñador de mares, novela para a mocidade á que axiña lle seguiría Rinocerontes e quimeras (2007).