Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2010

Rosa Aneiros e os autores de «Níxer» asinarán o luns, 2 de agosto, na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro luns, 2 de agosto, comezan os actos que Xerais ten previsto realizar na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Ás 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Ás 19:30 h.

«Reckless. Carne de pedra» de Cornelia Funke, adianto dos dous primeiros capítulos

Aquí poden baixarse en pdf os dous primeiros capítulos da fermosa tradución galega preparada por María Xesús Bello Rivas de Reckless. Carne de pedra de Cornelia Funke. Como adiantabamos hai dous días, a edición en galego de Xerais, aparecerá como o resto das que participan no lanzamento mundial, o vindeiro 14 de setembro.

«O lapis do carpinteiro» no club de lectura Sete Vidas de Gondomar

O venres 23 de xullo, na Casa da Lectura, Espazo Lectura celebrou unha sesión especial do club de lectura Sete Vidas onde máis de 15 persoas compartimos as nosas impresións sobre a novela de Manuel Rivas O lapis do carpinteiro a partir das preguntas que nos realizou Todd Mack, un investigador da Universidade de Stanford que nos visitou para asistir a un club de lectura e poder recabar información sobre a recepción da novela de

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Zas

O vindeiro xoves 5 de agosto, ás 18:30 horas, no marco da III Semana Cultural do Concello de Zas terá lugar a presentación do libro En castellano no hay problema de Carlos Callón.

«Ao pé da Laxa da Moa», presentación en Lira

O vindeiro venres, 30 de xullo, ás 20,00 horas na Confraría de Pescadores de Lira Portocubelo, Carnota terá lugar a presentación d’ Ao pé da Laxa da Moa. Literatura de tradición oral de Carnota de Antón Cortizas. O acto contará coa participación de Manuel Souto, Belén Campos, Francisco X. Fernández Naval, Manuel Bragado e o autor.

«Reckless. Carne de pedra» de Cornelia Funke nas librarías o 14 de setembro de 2010

O vindeiro 14 de setembro de 2010 aparecerá nas librarías de Alemaña, os Estados Unidos e Reino Unido as edicións alemá e inglesa de Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da triloxía de Cornelia Funke, cunha tirada entre as dúas dun millón de exemplares.

Manuel Rivas anuncia a publicación da novela «Todo é silencio» no vindeiro outono

Manuel Rivas anuncia hoxe nunha entrevista que Alberto Ramos publica nas páxinas de Xornal de Galicia a publicación o vindeiro outono de Todo é silencio, unha novela que xirará arredor do mundo do contrabando de Brétema, unha vila inventada. «Acontece nun lugar imaxinario con referencias reais da costa atlántica. Nárrase o ascenso dun capo do contrabando, pero o realmente esencial na obra son as personaxes.

«Sete de palabras» de Suso de Toro: «un libro que dá xenio lelo»

Vicente Araguas publica en El Ideal Gallego unha fermosa crítica sobre Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. O texto en pdf pode baixarse en pdf aquí.

Plan de Lectura de Educación Primaria 2010-2011

Xa está dispoñible en pdf o Plan de Lectura de Educación Primaria 2010-2011, unha selección de títulos do catálogo da editorial, procedentes das coleccións Merlín, Merliño, Sopa de Libros, Paseniño, O meu mundo, Polo correo do vento, Andavía, O Club da Ciencia, concibidos para facilitar o interese pola lectura nos nenos e nenas de Educación Primaria.

«Dragal» de Elena Gallego, un libro ceibe polo mundo

O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela Dragal, a herdanza do dragón, editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Cadernos do Profesorado para o curso 2010-2011

Xa están dispoñibles os novos cadernos do profesorado para o vindeiro curso 2010-2011, tanto o de Educación Primaria como o de Educación Secundaria. En ambos os dous casos, estes cadernos constitúen unha ferramenta moi útil para o seguimento diario das tarefas de titoría nos tres ciclos da Educación Primaria e na Educación Secundaria Obrigatoria.

An Alfaya gañadora do Premio “La Voz de Galicia” de novela por entregas

Expresamos os nosos maiores parabéns a An Alfaya que coa novela Vía secundaria resultou gañadora da Xª edición do Premio La Voz de Galicia de novela por entregas. Con este novo galardón, An Alfaya consolida unha das traxectorias máis sólidas e aclamadas da actual narrativa galega. Aconsellamos seguir, a partir do primeiro de agosto, as 31 entregas desta prometedora novela.