Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2010

Cultura audiovisual

Acaba de aparecer o manual de Cultura audiovisual que desenvolve o currículum desta materia de 1º de Bacharelato. Elaborado por José Eulogio Rouco Lamela, profesor do IES Adormideras da Coruña, constitúe a primeira achega didáctica editada en Galicia e en galego sobre unha materia obrigatoria no Bacharelato de Artes e optativa no resto.

Chisco Fernández Naval entrevista en «Galicia hoxe»

Baixo o título «Nunca o poder lle fixera tanto dano ao galego na autonomía» Manuel Vidal Villaverde publica en Galicia hoxe unha longa entrevista a Chisco fernández Naval, autor de títulos recenes no catálogo de Xerais como Níxer ou Para seguir bailando.

«Reescrituras do conto popular»

Os membros da “Red Temática de Investigación sobre Literatura Infantil y Juvenil del Marco Ibérico” (LIJMI) reúnen neste volume un conxunto de estudos baixo o título Reescrituras do conto popular (2000-2009).

Xesús Manuel Marcos na Feira do Libro de Monforte

Hoxe, venres 27 de agosto, a partir das 20:000 horas, o escritor Xesús Manuel Marcos asinará exemplares das súas obras na Feira do Libro de Monforte.

Jaureguizar entrevistado en «Xornal de Galicia»

Iago Martínez publica en Xornal de Galicia unha longa entrevista con Jaureguizar. Tras a publicación recnte das dúas primeiras entregas da serie «Aventuras de Tintimán», Corazón de chocolate e A coroa de Napoleón, anuncia que corrixe o orixinal dunha nova novela para adultos.

«Asasinato no Consello Nacional», a volta de Diego Ameixeiras

Rodri García faise eco nas páxinas de La Voz de Galicia da próxima aparición de Asasinato no Consello Nacional, a vindeira novela de Diego Ameixeiras, ambientada no BNG e protagonizada polo detective Alberto Cupeiro. Para Ameixeiras  «Cupeiro é moi distinto a Dopico, investiga outro tipo de intrigas, un mundo de política ficción e aquí a trama é máis real, máis pegada á actualidade».

Praia, montaña ou pluma?

Ao longo deste mes de agosto, Adrián Gondar ven publicando no xornal Galicia hoxe unha serie de entrevistas con escritores e escritoras galegos baixo a denominación de «Praia, montaña ou pluma?» Eis os enlaces dalgunhas das máis recentes de tan magnífica xeira: Xabier Quiroga: «En punto morto» Darío Xohan Cabana: «O vicio de escribir» Marilar Aleixandre: «Estimulando o intelecto» María Xosé Queizán: «A axilización da

Marcos Calveiro hoxe na Feira do Libro de Monforte

En Monforte desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días. Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.

Ánxel Vázquez de la Cruz: «Son un médico de letras»

Xosé Manuel Pereiro publicou o pasado 14 de agosto en El País unha reportaxe sobre o éxito na Feira do Libro da Coruña de Luz de Tebra, o libro de relatos co que se estrea literariamente o doutor Ánxel Vázquez de la Cruz. Luz de Tebra foi o libro máis vendido en galego durante a decena da Feira do Libro coruñesa.

As hifas no corazón, artigo de Xavier Queipo

Xavier Queipo Marilar Alexandre non precisa presentación. Nas notas biográficas non é infrecuente sinalar o seu nacemento fóra de Galicia e considerala unha escritora alófona, termo contra o que ela reaxe senón con virulencia, si con desagrado.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais participará na Praza dos Libros de Carballo que se celebrará do 26 ao 29 de agosto organizada polo concello de Carballo. O completísimo e modélico programa de actividades pode baixarse en pdf aquí. Nesta feira presentaranse dous libros de Xerais: A intervención de Teresa Moure e Lingua de calidade de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

«”Luz de Tebra” é un dos acontecementos literarios do ano»

Baixo os titulares «Novo diario dun médico de garda» e «Un dos acontecemento literarios do ano», o crítico Armando Requeixo recomenda moi vivamente Luz de Tebra, o libro de relatos co que se dá a coñecer na literatura galega Ánxel Vázquez de la Cruz. O texto de Requeixo, publicado o domingo 22 de agosto nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa, pode baixarse en pdf aquí.