Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2010

Iolanda Zúñiga define «Periferia» como «un cóctel de ficción, música e documentación»

Periferia, a novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010, foi presentada onte en Pontevedra. A información de María Conde, de La Voz de Galicia, recolle as declaracións da autora, Iolanda Zúñiga, cando define a novela como «un cóctel de ficción, música e documentación», nas que tamén asegura que a novela «contén moitoa información de xornais, televisión e Internet», procurando mesturalo todo.

Entrevista a Manuel Rivas: «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva»

O xornalista Manuel Jabois publica unha longa entrevista con Manuel Rivas na Revista do Diario de Pontevedra con motivo da publicación da novela Todo é silencio. «Pódese estudar a sociedade desde a súa historia delictiva», declara Rivas, «normalmente tendemos a contar a historia dende unha identidade positiva, pero tamén é importante ver o lado escuro.

«Todo era ruído», reportaxe de Manuel Jabois sobre a novela de Rivas «Todo é silencio»

Acompañando á entrevista que Manuel Jabois publica na Revista do Diario de Pontevedra, o mesmo xornalista dá á luz unha extensa reportaxe de dúas páxinas sobre o narcotráfico en Galicia a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas. Así comeza: «O pobo da última novela de Rivas chámase Brétema e existe, como todo o que pasa na novela, da que o autor galego di que ‘todo é ficción mais todo é verdade’.

Crítica de Estévez-Saá sobre «O Cabo do Mundo», de Xabier Quiroga

José Manuel Estévez-Saá publicou onte en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre O Cabo do Mundo, de Xabier Quiroga, libro que foi Premio da Crítica 2010.

«O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre, presentación o próximo xoves en Santiago

O coitelo en novembro, a última novela de Marilar Aleixandre, será presentada o vindeiro xoves na libraría Couceiro de Santiago de Compostela. O acto, que contará coa intervención de Víctor Freixanes, Manuel Bragado e a propia autora, terá lugar ás 20,00 horas, nas instalacións da librería Couceiro (Praza de Cervantes, 6, Santiago de Compostela).

Crítica de Paula Fernández sobre «Xenaro e a hucha do indiano», de Mar Guerra

O Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura, publica hoxe unha recensión crítica de Paula Fernández sobre Xenaro e a hucha do indiano, de Mar Guerra.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publica hoxe unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Iolanda Zúñiga abre un blog sobre «Periferia»

A escritora Iolanda Zúñiga acaba de abrir un blog sobre a obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2010, Periferia. Precisamente esta tarde terá lugar en Pontevedra a presentación da novela (ás 20,00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, no Edificio Café Moderno de Pontevedra).

Jaureguizar entrevista a Manuel Rivas: «O tema da novela é a loita polo poder»

O xornal El Progreso de hoxe recolle unha entrevista que o escritor e xornalista Jaureguizar lle fai a Manuel Rivas con motivo da publicación da súa última novela Todo é silencio.

Crítica de Manuel Candelas sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

Manuel Candelas publica no seu blog, Arume dos piñeiros, unha recensión crítica sobre Periferia, a novela de Iolanda Zuñiga que foi Premio Xerais de Novela 2010. A recensión crítica remata con estas palabras: «Eu, con esta Periferia, coloquei xa a Iolanda Zúñiga no máis alto da literatura galega. A ver se cunde o exemplo deste volcán literario que temos aquí diante».

«Periferia», de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais 2010, presentación este xoves en Pontevedra

A novela gañadora do Premio Xerais 2010, Periferia, de Iolanda Zúñiga, será presentada este xoves en Pontevedra por Edicións Xerais de Galicia en colaboración co Ateneo de Pontevedra e a Fundación Caixa Galicia.

«¿E ti, que farías por min?» e «O elefante que non era elefante» léronse onte no Contomar

Onte luns léronse no Contomar (o contacontos que organiza Espazo Lectura todos os luns na Biblioteca Municipal de Gondomar) dous álbums da colección Merliño de Xerais: O elefante que non era elefante, de Marta Rivera Ferrer, que narra a historia dun elefante que malia ter grandes orellas, unha bonita cola e unha longa trompa négase a aceptar que é un elefante, e ¿E ti, que farías por min?, de Fina Casalderrey, a historia de amiz