Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2010

Dúas novas recensións críticas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

A última novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, continúa a espertar o interese e o debate en distintos ámbitos da sociedade galega.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.  A recensión pódese ler integramente aquí. Reproducimos algúns parágrafos: (…) Periferia hai que entendela inserida na eclosión, desde hai dúas décadas máis ca nada, da literatura feita nas favelas ou sobre as favelas.

Entrevista con Diego Ameixeiras sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Con motivo da presentación de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, en Santiago de Compostela, a xornalista Concha Pino entrevistou ao autor para La Voz de Galicia. C. P. SANTIAGO/LA VOZ.

Xosé Carlos Caneiro aplaude a novela «Randea do alento», de Herta Müller

O escritor Xosé Carlos Caneiro aplaudiu, no seu artigo de La Voz de Galicia, a publicación de Randea do alento, de Herta Müller, sinalando que: «aquí, dende a voz dun personaxe magnífico (pola súa perfección dende óptica literaria), entramos e sentimos a voz da dor máis extrema, das ausencias que marcan a pel e os adentros, das palabras que nos seguen a definir e salvar, incluso, da sevicia e a enaxenación dos perversos.

O último adeus a Don Paco

O próximo mércores 7 de xaneiro, nun acto que se celebrará no Centro Social Caixanova, en Vigo, daráselle a último adeus a Don Paco Fernández del Riego. Da man da Fundación Penzol, a Editorial Galaxia, as fundacións Otero Pedrayo e Isla Couto, así como co apoio do Concello de Vigo e o Consello da Cultura Galega, realizarase pasado mañá unha homenaxe aberta arredor da súa figura.

Herminio Barreiro e o seu libro «Recordar doe», na lembranza de Xesús Alonso Montero

O profesor Xesús Alonso Montero publicou o pasado sábado, no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia un artigo literario no que fai lembranza da figura do seu amigo Herminio Barrreiro, recentemente falecido, a partir das súas memorias Recordar doe. O artigo pode lerse aquí.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», de Xesús Alonso Montero, presentación en Monforte

O vindeiro xoves 9 de decembro, ás 20,00 horas terá lugar a presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte. O acto contará coa participación do propio autor, o profesor Alonso Montero, de Rosa María López González, así como do editor Manuel Bragado.

Intensa programación de Xerais para o derradeiro día do Culturgal

Hoxe remata o Cultugal en Pontevedra. Amais das intensa programación do evento, que se pode consultar na web ou descargar o en pdf, Xerais ofrece para hoxe domingo un intensto día de encontros con autores. A programación de Xerais para os tres días tamén se pode descargar en pdf. Domingo 28 Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores. Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.

Hoxe, no Culturgal, presentación de «En castellano no hay problema»

Continúa, por segundo día, o Cultugal en Pontevedra. A programación do evento consta de numerosas actividades que se poden consultar na súa web ou descargar o programa completo en pdf. A programación de Xerais para os tres días tamén pode ser descargada en pdf. Sábado 27 19:30 h.

Programación de Xerais no Culturgal para hoxe venres

Hoxe comeza o Cultugal en Pontevedra. A programación do evento consta de numerosas actividades que se poden consultar na súa web ou descargar o programa completo en pdf. A programación de Xerais para os tres días tamén pode ser descargada en pdf. Venres 26 Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Iago Martínez entrevistará aos autores. Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais. Actos abertos ao público. 18:00 h.

«Todo é silencio», a presentación en Couceiro

Couceiro from Fernando Lema on Vimeo. Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Periferia», de Iolanda Zúñiga

O crítico Armando Requeixo publicou hoxe no suplemento literario Faro da Cultura, do Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Periferia, de Iolanda Zúñiga, Premio Xerais de Novela 2010.  A recensión pódese baixar en pdf. Reproducímola integramente: Armaxedón; periferia Exorcismos para sobrevivir Un zunido inmenso nos oídos. Un zunido inmenso nos oídos e un acedume mesto galgando polo esófago.