Menu Xerais

Arquivo mensual: Decembro 2010

«Denso recendo a salgado» considerada como unha das mellores novelas do ano

Primeiro contacto con Denso recendo a salgado E metinlle 140 páxinas dunha sentada. Sen dúbida, a de Manuel Portas é unha das mellores novelas de 2010. Como dixo Dolores Vilavedra, é moito de salientar que resolva tan ben un argumento pexado por tratamentos anteriores. Moito, malia que caia nun das trapelas máis crueis en que pode meter a pata un escritor, a confusión de personaxes.

Suso de Toro en “Silencio se lee”

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/myzYZQo2CxU" width="600" height="440" wmode="transparent" /] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.

«”Periferia”: sen respiro», comentario de R. Nicolás

En Periferia Iolanda Zúñiga incorpora discursos literarios, ou non, de moi diversa condición e transloce unha intención de revisión social, crítica e activa, nun pano de fondo como é o das favelas de São Paulo, cidade que é metáfora tamén do propio mundo.

«”Todo é silencio”: a sedución e a tiranía do poder», comentario de R. Nicolás

“As sombras resentidas da figueira acoitelaron toda a noite a ventá”.

O Espazo Tintimán protagoniza o Nadalxogo de Compostela

O alcalde de Santiago coñeceu no serán de onte, os corazóns de chocolate! (e foi consciente de que son bombas calóricas) no Espazo Tintimán que se organizou no Nadalxogo de Santiago. Tamén informouse de quen é Tintimán (interpretado polo actor Alberto Rolán) e animoumo “a investigar esa seita”. O programa de actividades do Espazo Tintimán en Nadalxogo pode descargarse aquí.

Convocada a XXIX edición do Premio Blanco Amor de novela

Adiantamos as bases da convocatoria da XXIX edición do prmeio Blanco Amor de Novela, organizado desta volta polo concello de Santiago de Compostela. A admisión de orixinais quedará pechada o 28 de febreiro de 2011. O Concello de Santiago de Compostela fixo públicas as bases da convocatoria do XXIX premio de novela longa Blanco Amor: Primeira.-O premio estará dotado con 12.020 euros. Segunda.

Jonathan Dunne, autor da «Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega», entrevistado no programa «Ben falado!» da TVG

Este pasado marte, Jonathan Dunne, autor da antoloxía Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981, foi entrevistado no programa da TVG Ben falado!, que dirixe Xesús Ferro Ruibal, onde falou da antoloxía e da proxección exterior da literatura galega. A entrevista pode ser visionada aquí.

Crítica de María Navarro sobre «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe hoxe unha recensión crítica de María Navarro do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa. Reproducímola integramente: Valores e contravalores Substanciosa interpretación O pasado doce de xuño fallábase na illa de San Simón o Premio Merlín.

Entrevista con Cornelia Funke: «Os nenos galegos contáronme que as súas bruxas son moi especiais»

O xornal La voz de Galicia publicou esta fin de semana unha entrevista con Cornelia Funke, asinada por Enrique Clemente, a raíz da publicación do seu libro Reckless. Carne de pedra, que Xerais editou en galego simultaneamente ao seu lanzamento internacional. Na entrevista, a autora alemá explica de onde xurdiu o seu interese polos contos galegos: «Uns nenos galegos escribíronme dicíndome que hai bruxas moi especiais en Galicia.

«Lume», de Alberto Varela Ferreiro, continúa na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios a cargo de Babaluva

O álbum ilustrado Lume, de Alberto Varela Ferreiro, adaptado para teatro, continúa na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a cargo de Babaluva Teatro, e esta pasada fin de semana representouse na vila ourensá de Ribadavia, no auditorio da Casa da Cultura.

Presentouse «A filla do ladrón de bicicletas», de Teresa González Costa

A edición de Arousa do Faro de Vigo deu conta da  presentación do último Premio Merlín de Literatura Infantil, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa, organizada polo Concello do Grove e por Xerais. No acto participaron Quico Cadaval, Manuel Bragado e Teresa González Costa e celebrouse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. A información pode descargarse en pdf.

Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade.