Menu Xerais

Arquivo anual: 2011

Emilio Alonso Premio Maketón Estrella de Galicia

Tras o éxito rotundo da publicación de Vigo a 80 revolucións por minuto, Emilio Alonso recollerá mañá, 30 de decembro, o Premio especial Maketón Estrella de Galicia, pola súa atención á música galega dos anos oitenta. O Premio será entregado nunha festa que se celebrará a partir das 10:30 horas na sala Mondo Club, na que haberá música en directo de Belöp e Phantom Club.

“Luís Soto. A xeira pola unidade galega”

Ramón Nicolás publica no seu blog esta anotación sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega de Xurxo Martínez: Lin, hai xa algún tempo, e teño que dicir que con moito interese, o que se presentaba como un traballo biográfico arredor da figura de Luís Soto, personaxe que sempre me interesou desde aquel -xa histórico- libro de memorias que publicara Edicións Xerais nos tempos de Luís Mariño, se non estou errado.

Emilio Alonso e Víctor de las Heras asinan exemplares dos seus libros en El Corte Inglés de Vigo

O xoves, 29 de decembro, a partir das 18:30 horas en El Corte Inglés de Vigo, Emilio Alonso asinará exemplares do seu libro Vigo a 80 revolucións por minuto e Víctor de las Heras de Vigo, a explosión dos 80.

Caderno da Costa da Morte, crítica de Armando Requeixo sobre “Cita en Fisterra”R

Armando Requeixo publicou o pasado luns, 26 de decembro, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños a seguinte crítica sobre Cita en Fisterra de Luís Rei Núñez: No Livro do desassosego, Bernardo Soares, o heterónimo de Pessoa a el unido coma se fosen bivitelinos, aseguraba: “É em nós que as paisagens têm paisagem.

“Exogamia 0.3″ de Ramón Caride, presentación en Allariz

Organizada pola libraría Aira das Letras e por Edicións Xerais de Galicia, o xoves, 29 de decembro, ás 20:00 horas celebrarase en Allariz, nos locais da Fundación Vicente Risco (rúa de san Lorenzo 3), a presentación dos dous libros máis recentes do escritor  Ramón Caride: Exogamia 0.3 e El frío azul. No acto acompañarán ao autor Manolo Busto (ilustrador de Exogamia 0.3), Alberto Canal, Jorge Emilio Bóveda e Manuel Bragado.

“Meu pai vaite matar”: novela de tese imprescindible

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog baixo o título, “Novela de tese imprescindible”, a seguinte anotación sobre Meu pai vaite matar de María Xosé Queizán: A crítica literaria cuñou o termo de novela de tese para refirirse a aquelas novelas escritas cunha técnica realista onde o narrador omnisciente aproveita para difundir as súas ideas sobre temas de actualidade.

“Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal”

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog esta moi fermosa anotación sobre Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal escrito por Antonio Reigosa e ilustrado por Noemí López: Antonio Reigosa e a ilustradora Noemí López reúnen neste fermoso volume un conxunto de mitos e lendas sobre o tempo do Nadal que son un agasallo para os máis pequenos da casa, mais tamén poden gozar coa súa lectura os maiores.

“Contos de Nadal”, un agasallo natalicio

Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog “Novenoites” esta interesante anotación sobre Contos de Nadal de Manuel Rivas: Pasaron os anos, pero non a calidade deste libro de contos de tema natalicio, actualizados recentemente polo seu autor, Manuel Rivas na antoloxía da súa narrativa breve, O máis estraño, editada recentemente por Xerais.

“Meu pai vaite matar”, crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no caderno “Culturas” de La Voz de Galicia do 24 de decembro, baixo o tíitulo “A volta narrativa de María Xosé Queizán”,  a seguinte crítica sobre Meu pai vaite matar: Un libro de María Xosé Queizán, calquera que este sexa, merece de seu ser saudado efusivamente pois poucas traxectorias tan celmosas, e ao tempo  teimosas, a prol da creación literaria en galego, veña esta dos

Cos nosos mellores desexos de paz, liberdade e fraternidade para o 2012

                  Ilustración de Noemí López para o libro Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, de Antonio Reigosa.

Cine, realismo, fantasía e melancolía en «Fantasmas de luz», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Xosé Manuel Eyré en Galicia Confidencial

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.   Novela de homenaxe ao cinema Esta semana, o libro de referencia é ‘Fantasmas de Luz”, unha obra de Agustín Fernández Paz, ilustrada por Miguelanxo Prado e publicada por Xerais.

Os Reis Magos ou San Nicolao? O noso estraño Nadal, ampla reportaxe sobre «Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal», de Antonio Reigosa

O soportal de literatura do Consello da Cultura Galega, LG3, publica unha ampla información sobre o libro de Antonio Reigosa  Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, ilustrado por Noemí López.   ANTONIO REIGOSA INDAGA NA ORIXE E NAS TRADICIóNS DESTAS CELEBRACIóNS NO NOSO PAíS O noso estraño Nadal O Nadal xa se celebraba antes do nacemento de Cristo.