Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2011

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O coitelo en novembro», de Marilar Aleixandre

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre. A recensión pode lerse completa en A Nosa Terra. Reproducimos, a continuación, algúns dos principais parágrafos: Non incomode se adianto resposta. É novela e non é novela.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Pirata», de María Reimóndez, na revista Festa da Palabra Silenciada

O último número da revista Festa da Palabra Silenciada publica unha crítica de Ramón Nicolás sobre Pirata, de María Reimóndez, que reproducimos a continuación: Subxace, quen o dubida, na obra literaria publicada até o de agora por María Reimóndez un pouso común, adopte este a fórmula de expresión poética, narrativa para primeiros lectores, relato curto, novela ou mesmo ensaio, como é a vindicación inalienable dos derei

Crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa

No Faro das Letras, de Faro de Vigo, de onte publicouse unha crítica de Paula Fernández sobre a «Guía ilustrada da Galicia invisible», de Antonio Reigosa. A recensión pode baixarse integramente en pdf aquí.

Recensión de Ramón Nicolás sobre «Xoa», de Antonio Yáñez Casal

O crítico Ramón Nicolás publicou unha pequena recensión en La Voz de Galicia sobre Xoa, de Antonio Yañez Casal, que reproducimos: Os sete puntos da xoaniña Finalista na última edición do Premio Merlín, Antonio Yáñez –quen conta cunha ampla experiencia na narrativa para primeiros lectores- ofrece un cumprido e imaxinativo volume que se acobilla á clásica fórmula da fábula, por extensión tamén á dunha alegoría.

«Marta ante o espello», de Teresa Calo Fontán, novidade do mes de xaneiro

Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán, é unha das novidades de Xerais neste mes de xaneiro. Marta, unha rapaza de case dezasete anos, lembra os últimos meses da súa vida diante do espello. Para ela foi todo un alivio deixar de oír xente facéndolle preguntas, deixar de oír consellos, deixar de oír chorar a súa nai.

Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra

A escritora Gloria Sánchez será homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra deste ano 2011 que estará dedicado á «mentira» como tema central. Gloria Sánchez e a súa renovadora obra literaria converteranse na figura nuclear do evento, cunha exposición que se centrará na súa biografía e nos seus libros e outras actividades. Ela mesma, ademais, ofrecerá unha conferencia ao público do Salón.

«Poderosa 3», de Sérgio Klein, novidade do mes de xaneiro

Poderosa 3, de Sérgio Kein, é unha das novidades de Xerais neste mes de xaneiro. Joana Dalva, unha rapaza adolescente, transforma en realidade aquilo que escribe coa man esquerda.

Entrevista con Ignacio Silva sobre «Cara B» en La Voz de Galicia

A edición de Bergantiños de La Voz de Galicia inclúe unha entrevista, asinada por A. Palmou, co escritor Ignacio Silva, autor de Cara B, unha das novidades de narrativa do mes de xaneiro. Pode baixase aquí en pdf.

Crítica de Estévez-Saá sobre «Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia», de Francisco Calo Lourido

Nas páxinas de El correo gallego, José Manuel Estévez Saá publicou unha recensión crítica sobre Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido.

Acto literario musical o venres 28 en Noia arredor da novela «Todo é silencio», de Manuel Rivas

O IES Campo de San Alberto de Noia, e Edicións Xerais de Galicia, coa colaboración do Concello de Noia, organizan un acto literario musical ao redor da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, que terá lugar no Teatro Coliseo Noela (rúa Curro, 4 Noia) o día 28 de xaneiro, venres, ás 20,00 horas.

Artigo de Craig Patterson sobre «Limpeza de sangue», de Rubén Ruibal

O xornal Galicia Hoxe publicou un artigo de opinión de Craig Patterson sobre o libro Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal,  que reproducimos integramente: Limpeza de sangue Asistimos o sábado pasado con grande ánimo e ilusión á representación Limpeza de sangue no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Volve á actualidade «A gaita gallega», de Xoán Manuel Pintos, co bicentenario do autor, que se celebrará durante todo o ano en Pontevedra

O xornal El País informa hoxe, en noticia asinada por Víctor Honorato, do bicentenario de Xoán Manuel Pintos, ao cumprírense 200  anos do seu nacemento (Pontevedra, 1811 – Vigo, 1876). Xoán Manuel Pintos foi un dos máis importantes precursores do Rexurdimento e a súa obra transcendeu grazas á publicación de A gaita gallega (1853).