Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2011

Recensión de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso de Marcos Calveiro. Reproducímola integramente: Biopic Pereiro Achegarse á vida e á obra de Lois Pereiro para facelos comprensibles ao grande público non é tarefa precisamente doada.

Presentación de «O misterio da badaladas» no Achegarte, na Coruña, o próximo 2 de abril

Edicións Xerais de Galicia presentará este sábado 2 de abril o libro O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo, con motivo do 25 aniversario da súa publicación. O acto, que terá lugar ás 17:00 horas no Achegarte (Auditorio de Palexco, A Coruña) consistirá nunha conversa que Óscar Sánchez manterá con Xabier P. DoCampo, Xosé Cobas e Manuel Bragado.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica unha recensión no seu blog, Novonoites, sobre As palabras que move o mar, de Xaime Toxo.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro.

Crítica de Vicente Araguas sobre «Cara B», de Ignacio Silva

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre Cara B, de Ignacio Silva, nos xornais El ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «(Retro)visor», de Antía Otero

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre (Retro)visor, de Antía Otero, que reproducimos integramente. O espello panorámico de Antía Otero Sete anos despois daquel iniciático O son da xordeira, o polifacético nome de Antía Otero volve asinar un novo poemario.

Presentación en Vigo de «As palabras que move o mar», de Xaime Toxo

Edicións Xerais de Galicia presentará  este xoves 31 o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo (escritor, pedagogo e presidente do Ateneo de Pontevedra). O acto, que terá lugar ás 20:00 horas na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 1), contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez, o director de Xerais, Manuel Bragado, así como do propio autor, Xaime Toxo.

«Recendo de aire sonoro», «Ti non xogas!», «O misterio das badaladas» e «A princesa Sabela»: Romina Bal fai un repaso polas novidades infantís de Xerais

Galicia Hoxe publicou unha páxina sobre as novidades infantís de Xerais asinada por Romina Bal. A información, que tamén pode descargarse en pdf, reproducímola a continuación: Unha manchea de novidades de Xerais completan a proposta anterior. Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro é outro libro da coleccion Sopa de Letras que recolle un diálogo fascinante entre a música e a poesía.

Recensión de Romina Bal sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

O xornal Galicia Hoxe publicou unha páxina, da man de Romina Bal, sobre O meu gato é un poeta, de Fran Alonso. A páxina, baixo o título de «O amor é un sombreiro que che medra na cabeza», pode descargarse en pdf e reproducímola a continuación: ‘O meu gato poeta enreda coas palabras, bótaas a rodar, retórcelles o pescozo’.

Mau e Pin visitan a Biblioteca de Pontevedra coa súa colección «Polo correo do vento»

O Diario de Pontevedra publicou unha extensa crónica asinada por Lorena J. Barral sobre a visita que Mau e Pin, autores da colección «Polo correo do vento» realizaron á Biblioteca de Pontevedra para contar a historia de Cóximo, un esquío que busca apoio na gata e meiga Ágatha a fin de conseguir curar a unha árbore que está doente.

Faleceu o tradutor Valentín Arias, ligado a Xerais desde a súa fundación

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar pola morte do tradutor e profesor Valentín Arias, colaborador de Xerais desde a súa fundación. Valentín Arias faleceu o pasado venres aos 76 anos de idade na súa casa de Sarria e foi incinerado en Vigo este domingo. O seu papel máis destacado foi o de tradutor, sendo membro fundador en 1984 da Asociación de Tradutores Galegos, da que ocupou a presidencia.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos.