Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2011

Primeiro capítulo en pdf de «Non hai noite tan longa», a novela de Agustín Fernández Paz

Ofrecemos hoxe a todos os nosos lectores e lectoras o primeiro capítulo en pdf de Non hai noite tan longa, a novela de Agustín Fernández Paz, que estará nas librerías a mediados do mes de maio. Non hai noite tan longa conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos asentado en París, á vila galega na que naceu. É a primeira vez en trinta anos que pisa a súa terra.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo mércores en Lugo

O próximo mércores 4 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo, 4), a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, será presentado hoxe en Boiro

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o hoxe 29 de abril, ás 20.30 h, pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro no Centro Social, coa intervención de Xesús Laíño (presidente de Barbantia), Antón Riveiro Coello (escritor), Gerardo Piñeiro (concelleiro de Cultura de Boiro) e Xosé Deira (alcalde de Boiro), ademais do autor, Carlos Callón.

Presentación de «Dragal II. A metamorfose do dragón» o próximo mércores en Cangas

O próximo mércores 4 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na sede da Federación de Comerciantes do Morrazo FECIMO (Avda de Vigo, 91), en Cangas, a presentación do libro Dragal II. A metamorfose do dragón, de Elena Gallego. O acto, organizado por Xerais e aFederación de Comerciantes do Morrazo FECIMO, contará coa participación da editora Helena Pérez e de Elena Gallego Abad.

Entrevista de Lourdes Varela con Xaime Toxo: «Concibo a memoria como algo que está presente e vivo»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha entrevista de Lourdes Varela con Xaime Toxo a raíz da publicación do seu libro As palabras que move o mar. Reproducímola integramente: «Concibo a memoria como algo que está presente e vivo» Gañador de varios certames literarios, non foi ata este ano que XaimeToxo (Bueu, 1955) se decidiu a publicar un libro en solitario.

Crítica de Paula Fernández sobre «Poderosa 3», de Sérgio Klein

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha crítica de Paula Fernández sobre  Poderosa 3, de Sérgio Klein.

Crítica de Dolores Martínez Torres sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, inclúe unha crítica de Dolores Martínez Torres sobre  O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: Alento de veracidade Do que omiten os telexornais “¿Queres que falemos con vagar, aquí sentados, agora que me soltaron? Non sei se haberá roca que fíe o envurullado nobelo que teño na cabeza.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero o próximo luns en Compostela

O próximo luns 2 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), en Camariñas, a presentación do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. O acto, organizado por Xerais e a libraría Couceiro, contará coa participación de Antón Santamarina, Manuel Bragado e Xesús Alonso Montero.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Ti non xogas!», de Silvestre Gómez Xurxo

O crítico Ramón Nicolás publica no seu blog unha recensión sobre Ti non xogas!, de Silvestre Gómez Xurxo. Reproducímola integramente: Sigo con moito interese, por diversas razóns, as achegas literarias de Silvestre Gómez Xurxo que comezaron desde o saudoso Conversas co Pai Seixas (1985), cando os libros de conversas eran ben pouco comúns.

«Dragal II», de Elena Gallego: A metamorfose do último dragón galego

O Faro de Vigo publicou unha información sobre Dragal II. A metamorfose do dragón, de Elena Gallego. Reproducímola integramente: A metamorfose do último dragón galego A xornalista Elena Gallego Abad presenta a segunda entrega da triloxía “Dragal” “Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita na Poza da Moura.

Presentacións de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Este sábado día 30 de abril arrinca a Feira do Libro de Santiago de Compostela, que será inaugurada ás 13:00 horas cun pregón de Diego Ameixeiras, de quen, recentemente, os libreiros elixiron Asasinato no Concello Nacional como Libro do Ano 2010. Informamos das presentacións de libros de Xerais na Feira do Libro de Santiago de Compostela: Día 30 sábado, 19:00 horas: Presentación de Svea Kött (carne sueca) de Domingo Tabuyo.

Crítica de Vicente Araguas sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego, que reproducimos integramente: A vida pola rakia Esta rakia da novela de Xesús Manuel Marcos, e o seu nada santo bebedor, vai ser a bebida aquela da canción sefardita que nos dera coñecer Joaquín Díaz: “La vida do por el rakí, no puedo yo dexalo…”.