Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2011

Dous textos en pdf sobre «Despois da medianoite», da escritora india Salma: un adianto do primeiro capítulo e un texto no que a autora relata a súa propia vida

Hoxe ofrecemos a todos os lectores e lectoras de Xerais dous textos en pdf sobre a novela  Despois da medianoite, da escritora india Salma: un adianto do primeiro capítulo e outro texto de Salma no que relata a súa propia vida. 1) O adianto do primeiro capítulo (28 páxinas), que inclúe tamén a introdución da tradutora, María Reimóndez. Descargar.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O bebedor de rakia», de Xesús Manuel Marcos

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos. Reproducímola integramente: O bebedor de rakia, novela que fai pensar Na crónica libresca da semana pasada reclamabamos máis atención á hora de observar/ter a literatura como unha fonte de saber. Entre todas as que hai, unha das máis importantes, como mínimo.

Dionisio Pereira, entrevistado por Jorge Lamas a raíz da presentación de «Loita de clases e represión franquista no mar»: «A represión en Vigo, Moaña e Cangas foi moi cruel»

A edición viguesa de La Voz de Galicia, publica unha entrevisa de Jorge Lamas con Dionisio Pereira sobre Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939). Reproducímola integramente: A represión en Vigo, Moaña e Cangas foi moi cruel, con fondeos de persoas O economista e historiador Dionísio Pereira presenta esta tarde, ás 20.

«As palabras que move o mar», de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día

As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. O debú serodio de Xaime Toxo Xaime Toxo presenta o seu primeiro libro, ‘As palabras que move o mar’, un conxunto de catro relatos longos que publica Xerais. As palabras que move o mar supón o debú narrativo de Xaime Toxo (Bueu, 1955) tras varios premios de narrativa breve.

«Dicionario Xerais de Primaria», unha ferramenta fundamental para o ensino

O Dicionario Xerais de Primaria, elaborado por Xosé Feixó e Manuel Rodríguez Alonso é unha das últimas novidades da editorial e constitúe unha ferramenta fundamental, pensada especialmente para o ensino primario.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Loita de clases e represión no mar (1864-1939)», de Dionisio Pereira

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Loita de clases e represión no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira.

Texto de Gracia Santorum sobre «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas

Gracia Santorum publicou no blog Trafegando ronseis o texto que leu na presentación de Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas, a pasada semana en Compostela. Reproducímolo integramente: Calquera profesor ou profesora que leve nisto do ensino da nosa lingua uns cantos anos recoñece como capital o nome de Manuel Portas.

Salma, autora de «Despois da medianoite», visitará esta semana en Galicia

Hoxe domingo chegou a Galicia Salma para participar nos actos de presentación da novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai ), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez.

Escritora María Xosé Queizán

Ao fío da presentación o pasado venres do libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, Manuel Bragado publicou o domingo un artigo en Faro de Vigo reivindicando o papel da Escritora María Xosé Queizán. María Xosé Queizán, que está rematando unha novela, acaba de publicar a edición en e-ebook do seu ensaio máis recente Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

Reportaxe de Teresa Cuíñas sobre «Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz

A xornalista Teresa Cuíñas publica unha reportaxe en El País sobre a publicación de Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz.

A celebración arredor do libro de homenaxe a María Xosé Queizán será esta tarde no Auditorio do Mar de Vigo

Mar Mato publica hoxe en Faro de Vigo unha información sobre o libro Cara a unha poética feminista. Homenaxe a María Xosé Queizán, que pretende renderlle unha homenaxe á escritora feminista viguesa que se materializará na presentación que esta tarde, ás 20,30 h.

Entrevista con Xesús Manuel Marcos sobre «O bebedor de rakia», unha novela sobre a guerra dos Balcáns

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica unha entrevista de Lourdes Varela con Xesús Manuel Marcos a raíz da publicación da súa novela O bebedor de rakia.