Menu Xerais

Arquivo mensual: Xuño 2011

Crítica sobre «A veiga é como un tempo distinto», de Eva Moreda, en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión crítica sobre A Veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda. A Veiga é como un sitio distinto de Eva Moreda, publicado por Xerais, é ante todo un fermoso exercicio de lirismo que nos conduce da man, paseniño, á emigración londinense de finais dos anos 60.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo integramente ao tempo que aproveitamos para informar de que xa está en marcha a fabricación da 2ª edición deste libro, dado que a primeira se esgotou con rapidez. A banda de Lois Jacobo Fernández Serrano ten un especial ollar para as cousas das nosas letras.

Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo» de Xesús Alonso Montero, mañá xoves en Ourense

O libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero ., será presentado en Compostela mañá xoves 29, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal, 5). O acto  contará coa participación do autor Xesús Alonso Montero e do editor Fran Alonso.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo Día 1 venres ás 19:30 horas: Pregón a cargo de Iolanda Zúñiga. Día 4 luns, 20:30 horas: Presentación de Dragal II. A metamorfose do dragón de Elena Gallego Abad.  Intervirán Manuel Bragado, Miguel Abad e a autora. Día 5 martes, 19:30 horas: Presentación de Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas. Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira.

Recensión de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre «V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Xosé Manuel Eyré publica en A Nosa Terra unha recensión sobre V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Reproducímola integramente: Gran teatro para ler e escoitar Unha das razón de ser da literatura é a de amosar relacións, cun mesmo, cos demais, co mundo. Desde sempre a agora tamén. O que mudou/está a mudar é a forma de relacionarse o lector coas historias que le.

«A chamada da selva», de Jack London: a loita por sobrevivir. Recensión de Mar Fernández Vázquez

El Correo Gallego publica unha recensión de Mar Fernández Vázquez sobre A chamada da selva, de Jack London, da colección Xabaril.

Anxo Fariña (Premio Merlín 2011) e Héctor Carré (Premio Fundación CaixaGalicia 2011), hoxe protagonistas en El Correo Gallego

Anxo Fariña (Premio Merlín 2011) e Héctor Carré (Premio Fundación CaixaGalicia 2011), son hoxe protagonistas en El Correo Gallego. PROTAGONISTAS ELIXIDOS Anxo Fariña (Vigo, 1977) e Héctor Carré (A Coruña, 1960).

Colección Xabaril Clásicos, de Literatura Xuvenil, en A Escola do Faro

O suplemento a Escola do Faro, de Faro de Vigo, recomenda hoxe a colección Xabaril. Edicións Xerais creaba en el año1983 la colección Xabarín, con la intención de acercar los libros clásicos de la Literatura juvenil a los jóvenes gallegos en su lengua.

Adianto de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011, no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia

O suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, ofreceu o pasado sábado un adianto da novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011. Reproducimos o texto introdutorio: Viaxe ao XVI nunha nave de tolos Culturas adianta o Introito» de Extramunde, a novela de Xavier Queipo galardoada co Premio Xeras, que narra a historia dun grupo de condenados pola inquisición.

Crítica sobre «Despois da medianoite», da escritora india Salma

O Xornal de Galicia publicou unha recensión sobre Despois da medianoite, da escritora india Salma, asinada por A. M.

Ánxel Vázquez de la Cruz presentou «Luz de Tebra» da man de Barbantia

Ánxel Vázquez de la Cruz presentou Luz de Tebra en Ribeira da man de Barbantia. Reproducimos a información de Moncho Ares en La Voz de Galicia: O suplemento A Voz de Barbantia é como o curso escolar: cada tempada empeza en setembro e remata en xuño.

Entrevista con Agustín Fernández Paz sobre «Non hai noite tan longa»: A ollada da xeración estafada

O Atlántico Diario publicou o domingo unha entrevista de Rosé Carrera con Agustín Fernández Paz, baixo o título «A ollada da xeración estafafada». Nela, Agustín Fernández Paz declara que «Quixen mostrar o que foi a represión e o mal que poden facer as persoas en casos aparentemente pequenos coma este».