Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2011

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, presentación no Festigal

Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” from Redelibros on Vimeo. Moitas grazas a Redelibros.

Bibliolaxe e Agustín Fernández Paz

Isto é unha marabilla. Beizóns aos membros de Bibliolaxe.

Presentación de «Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, en Viñetas desde o Atlántico

O venres, 12 de agosto, ás 13:00 horas, Jacobo Fernández Serrano presentará, no Viñetas desde o Atlántico, a súa novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre os «Sonetos de Shakespeare», en versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo

O crítico Francisco Martínez Bouzas publica no seu blog unha recensión crítica dos Sonetos de Shakesperare, en versión de Ramón Gutiérrez Izquierdo.

Reportaxe sobre «Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicou o pasado sábado unha reportaxe de M. Otero sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho. Luz do pasado sobre o futuro Alumear un dos períodos «máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente». Iso e o que fai Federico Cocho no seu libro GuerraCivil. Que pasou en Galicia e en España, que edita Xerais e sairá á venda proximamente.

Crítica sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O Atlántico Diario publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya. En Edición Xerais de Galicia, narrativa, 102 páxinas.

«Non hai noite tan longa», de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día

Non hai noite tan longa de Agustín Fernández Paz, na sección Un libro para cada día, de A Nosa Terra. Fernández Paz pescuda no seu pasado Agustín Fernández Paz presenta a súa última novela, ‘Non hai noite tan longa’, unha obra narrativa na que o escritor de Vilalba recrea a recente historia de Galiza cun sentido crítico. Edita Xerais.

«A pantasma de Canterville»: regresa Oscar Wilde, sensibilidade e talento

Carmen Ferreira Boo publicou onte en El Correo Gallego unha reportaxe sobre A pantasma de Canterville, de Óscar Wilde, publicada por Xerais.

Entrevista con Carlos Callón sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», en Radiofusión

Radiofusión (a programación das Radios Municipais Galegas) realizou unha entrevista con Carlos Callón sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, publicado na colección Crónica. A entrevista pode ser escoitada aquí en mp3 mp3.

Presentada a novela gráfica «Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano

O Galicia Hoxe recolleu a presentación, o pasado venres de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou este venres o libro ‘Breve encontro’, unha novela gráfica en branco e negro sobre a figura de Lois Pereiro, poeta ao que este ano se dedicou o Día das Letras Galegas.

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

Día 1 luns de agosto ás 20:00 horas: Presentación Un dedo manchado de tinta de Manuel Portas.  Participan: Manuel Bragado, o autor e o Grupo Loaira. ás 20:45 horas: Presentación Penúltimo dietario, de Xosé Neira Vilas. ás 21:15 horas: Presentación Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero .

«Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho, novidade do mes de xullo na colección crónica

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica. Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado.