Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2011

«Salma e a delicadeza contundente»: valoración de Xosé Manuel Eyré sobre a novela «Despois da medianoite»

Baixo o título «Salma e a delicadeza contundente», Xosé Manuel Eyré publica no seu blog algunhas consideracións en torno a Despois da medianoite , a novela de Salma. Salma e a delicadeza contundente Son moitas as cousas que me atraen do Despois da medianoite de Salma. Unha delas, como indica o título destas liñas é a delicadeza contundente da súa escrita nesta novela.

O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010)

O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), da Rede Temática de Investigación “LIJMI” é unha das novidades para o mes de setembro. Este volume recolle un conxunto de estudos destinados fundamentalmente aos mediadores que pretenden afondar no álbum ilustrado.

Crítica de Ánxela Gracián sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, en Protexta

Ánxela Gracián publicou en Protexta unha recensión crítica de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro do que estes días sae á luz a 2ª edición.

Comezou a rodaxe de «Todo é silencio», baseada na novela de Manuel Rivas

Onte comezou en Galicia, a rodaxe da nova película de José Luis Cuerda, Todo é silencio, baseada na novela de Manuel Rivas. A longametraxe, como a novela, relata como un grupo de novos amigos descobre o segredo de Noitía, o contrabando, e admira ao grande capo, Mariscal. A lei é non ver nin oír. A boca é para calar. O vello poder esténdese co narcotráfico e envelénao todo. O destino dos mozos enfróntase con violencia.

Boa acollida para o «Penúltimo Dietario» de Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas presentou na Prazas dos Libros o seu último libro, publicado por Xerais e titulado Penúltimo Dietario, segundo informou La Voz de Galicia de Carballo, diante dunha “multitude de xente que acudiu ao encontro e á posterior sinatura de exemplares.

Cadernos do profesorado 2011-2012

Os cadernos do profesorado 2011-2012, de Primaria e de Secundaria, son unha das novidades do mes de agosto.

Artigo de Iolanda Martínez Suárez en torno María Xosé Queizán: «A voz e os seus ecos»

Iolanda Martínez Suárez publica no último número de Protexta unha longa  recensión crítica sobre o libro de homenaxe a María Xosé Queizán, Cara a unha poética feminista, así como sobre o último ensaio da mesma autora, Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial.

«O noso amor será eterno», de X. H. Rivadulla Corcón, novidade para o próximo mes de setembro

O noso amor será eterno, de X. H. Rivadulla Corcón, publicado na colección Fóra de Xogo, é unha das novidades para o próximo mes de setembro. O trobador Buserán tiña dezaoitos anos, era home forte, de mirada chea de nobreza. A súa amada, Frolinda tiña 16, posuía unha beleza que estremecía os seres sensibles e o seu corazón estaba enchido de bondade e xenerosidade.

Crítica de Montse Pena Presas sobre «O segredo da Pedra Figueira», de María Xosé Queizán

Montse Pena Presas publica no último número de Protexta unha recensión crítica sobre O segredo da Pedra Figueira, de María Xosé Queizán. Un texto pioneiro Relato fundacional de María Xosé Queizán para a literatura xuvenil galega. Agora recupérao Xerais O segredo da Pedra Figueira de María Xosé Queizán publicábase por primeira vez baixo o selo Tintimán –xurdido ao amparo da revista homónima– en 1985.

Entrevista con Ignacio Silva, autor de «Cara B»

A edición de Carballo de La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Antía González con Ignacio Silva, autor de Cara B. «Poesía e narrativa non son máis que palabras nun papel» Ignacio Silva Regueiro (Carballo, 1978) é un dos escritores que estará hoxe na Praza dos Libros, nunha conversa coa poetisa Rosalía Fernández Rial.

Lecturas de represión, violencia e ditadura

Gustavo Hervella publica no último número de Protexta unha longa reportaxe baixo o título de «Lecturas de represión, violencia e ditadura», durante a que se realiza un repaso de dous libros publicados por Xerais recentemente: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero.

Marcos Calveiro abriu, co seu pregón, a Feira do Libro de Monforte

La Voz de Galicia recolle a información sobre a apertura da Feira do Libro de Monforte, que tivo a Marcos Calveiro como o seu pregoneiro.