Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2011

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. Cavorcos de soidade Con acenos de novela negra Por veces, un bo desenvolvemento narrativo é capaz de anular as distancias que median entre as chamadas baixa / alta literatura.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.

Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»

Os actores da película que dirixe José Luis Cuerda a partir da novela Todo é silencio, de Manuel Rivas, agradecéronlle onte ao escritor, na presentación pública da longametraxe, que tivo lugar en Oza dos Ríos, que crease os personaxes da novela, que «son un agasallo».

«O xornalismo tamén é literatura»: Yasmina Shawki, autora de «Fundación Libélula»

Manuel Vidal Villaverde publica hoxe en Atlántico Diario unha entrevista coa escritora Yashmina Shawki, autora de Fundación Libélula, publicada por Xerais. Fundación Libélula, en palabras da autora,  narra a historia de tres mulleres, Gladys, Helena e Laura, de diferentes idades e procedencias, que viven nunha situación de precariedade que as atrapa e da que queren saír.

«Boa síntese sobre a Guerra civil»: Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre o libro de Federico Cocho

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Vía secundaria, de An Alfaya. A narración, externamente estruturada nos trinta e un capítulos preceptivos do premio, relata a historia dun atropelo nunha vía secundaria (de aí o título, tamén de forte carga simbólica) e a relación —directa ou indirecta— que tres parellas de personaxes gardan co suceso. (…) Pode lerse completa aquí.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Pontedeume o próximo venres

Este venres (sexta feira), 30 de setembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Pontedeume acollerá a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, manual práctico da autoría de Carlos Callón, presidente da MESA. No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirá Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo e o autor.

Presentación de «Un dedo manchado de tinta», de Manuel Portas, en Lugo o próximo venres

O próximo venres 30 de setembro,  terá lugar en Lugo a presentación do libro  Un dedo manchado de tinta, de Manuel Portas. O acto, que contará coa participación de Xosé Chorén, Manuel Bragado e Manuel Portas, será ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4, Lugo).

«Unha novela por entregas»: Crítica de Vicente Araguas sobre «Vía secundaria», de An Alfaya

O crítico Vicente Araguas publicou unha recensión sobre Vía secundaria, de An Alfaya, nos xornais Diario de Ferrol, Diario de Arousa e El Ideal Gallego. Unha novela por entregas Non lera no seu momento, nin xunta nin por separado,esta narración de An Alfaya, Vía secundaria (Xerais, Vigo 2011), gañadora do Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», do xornalista Federico Cocho

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Finalistas de Xerais na VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento

Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.

O lugar íntimo onde escribe Manuel Rivas

El País publicaba o sábado unha reportaxe de José Luis Estévez sobre o íntimo lugar que escolle Manuel Rivas para escribir.