Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2011

Culturgal 2011. Feira das Industrias Culturais

Un ano máis, Culturgal abre as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra os días 2-3 e 4 de decembro. Tres días de actividade sen tregua para os públicos máis variados. Este ano, ademais, abrimos a Tenda de Culturgal, un cuarto grande e bonito ateigado de cousas apetecibles para picar: literatura, música, audiovisuais, novas tecnoloxías.

A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publica en Brétemas unha crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, que reproducimos: Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín.

A destreza do narrador de «Poñente»: Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre a novela de Pere Tobaruela

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Poñente, de Pere Tobaruela.   A novela da salga e dos fomentadores A obra desta semana e ‘Poñente’ de Pere Tobaruela, unha obra editada por Xerais e traducida por Ana Boullón.

Desvelar o tempo dunha figura fundamental: crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.   Para non esquecer A desmemoria histórica interesada fai que quen foron figuras sobranceiras do exilio ou do antifranquismos pasen a ser esquecidas, porque non lle convén ao poder vixente que se lembren os seus feitos e mais as súas ensinanzas.

Os novos títulos do Club da Ciencia, protagonizados por Morgana, no suplemento A Escola do Faro

O Faro de Vigo, no seu suplemento A escola do Faro, publica unha anotación sobre os dous novos títulos da serie O Club da Ciencia: Quen lle ten medo a Morgana? e O caderno laranxa de Morgan de Pasqual Alapont.   Edicións Xerais acaba de publicar dos nuevos títulos de la colección infantil y juvenil que tiene como protagonista a Morgana.

«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados: Crítica de Manuel Gago sobre a novela de Xavier Queipo

Manuel Gago publicou no seu blog, Capítulo Cero, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.   «Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados Leo Extramunde, o último premio Xerais de novela, do biólogo e escritor Xavier Queipo, dunha tacada cruzando de noite o Atlántico.

Agustín Fernández Paz recollerá mañá en Guadalajara, México o Premio SM de Literatura Iberoamericana

O escritor galego Agustín Fernández Paz recibirá mañá martes, na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. O autor, que viaxou a Guadalajara, acompañado da súa filla, estará tamén acompañado polo seu editor Manuel Bragado.

«Suso de Toro e os destrutores de mitos»: anotación de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog, Ferradura en tránsito, a anotación «Suso de Toro e os destrutores de mitos». Suso de Toro e os destrutores de mitos Dúranme aínda os ecos da velada que en Codeseda (A Estrada) nos xuntou  a debater en conversa a  redor do mito. Temo e agardo que tampouco se apaguen agora. Agora lembro que un dos meirandes destrutores de mitos da actualidade é Suso de Toro. Nunca cesou nese afán.

Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

Os escritores Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Algúns xornais como Atlántico e El Correo Gallego, ademais da Asociación Galega de Editores, informan sobre a súa actividade alí a través de axencias.

Anotación sobre «Cidades», de Fran Alonso, en Trafegando Ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación sobre Cidades, de Fran Alonso.   Na procura dun libro de poesía axeitado para o meu alumnado de 2º de ESO cheguei -por recomendación de Carlos Negro- a Cidades, de Fran Alonso, publicado por Xerais, con ilustracións de Pablo Otero.

A Universidade de Bangor organiza un seminario sobre a obra de Xavier Queipo, que presentará alí «Extramunde»

A Universidade de Bangor organizou arredor un seminario arredor dalgúns aspectos da obra de Xavier Queipo, quen aproveitará a súa estadía no País de Gales para presentar Artico 2.0 e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. Reproducimos o programa: Xavier Queipo is one of Galicia’s leading, most original narrative voices.

Presentación en Vigo de “Vigo. A explosión dos ’80″ de Víctor de las Heras

O xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar, no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, na Praza do Rei, a presentación do libro Vigo. A explosión dos ’80 de Víctor de las Heras con textos de Fernando Franco.