Menu Xerais

Arquivo anual: 2012

Unha mestura de utopía científica, do gótico e da fantasía: «Eu, pel» de Teresa González Costa

El Correo gallego publica unha recensión crítica de Carmen Ferreira Boo sobre Eu, pel de Teresa González Costa.

Presentación de “Dark butterfly” de Rexina Vega en Cambre

O venres, 28 de decembro ás 20:00 horas, na librería A Libreira, rúa Luís Seoane, 2 O Temple en Cambre, terá lugar a presentación da novela Dark butterfly de Rexina Vega. No acto participarán as escritoras Dores Tembrás, Begoña Paz e a autora. Despois do acto, seguindo o esquema dos xa míticos vermús literarios de A Libreira, convidarase a viño galego e petiscos.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Nova Colón da Coruña

O sábado, 22 de decembro, a partir das 19:30 horas, na librería Nova Colón, rúa Olmos, 9 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

Manuel Rivas asina “As voces baixas” na librería Arenas da Coruña

O venres, 21 de decembro, a partir das 19:00 horas, na librería Arenas, Cantón Pequeno, 25 da Coruña, Manuel Rivas asinará exemplares de As voces baixas.

María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón: «A defensa da lingua é un dos puntos centrais do noso libro». Entrevista sobre «Tonas de laranxa», Premio Xerais 2012

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Uxía López a María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, gañadores do Premio Xerais de Novela 2012 con sobre Tonas de laranxa.   «A defensa da lingua é un dos puntos centrais do noso libro» Pai e filla conquistan a crítica e público cunha historia compartida Como nun soño.

Humor e indignación crítica en «Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico», de Manuel Veiga. Crítica de Heitor Mera

Héitor Mera publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico, de Manuel Veiga.     Unha seria brincadeira Observar obxectivamente A nova entrega de ManuelVeiga chega cunha virtude innegable: o don da oportunidade.

Sensibilidade, vida cotia e reivindicación: Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Malos tempos para fantasmas, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Patricia Castelao.

Radio en directo con «As voces baixas», de Manuel Rivas

Manuel Bragado publicou en Brétemas senllas crónicas dos actos promocionais de As voces baixas, de Manuel Rivas en Ourense e Pontevedra.   Radio na libraría Na xornada pontevedresa de promoción d’ As voces baixas, gustei moito da conversa que a xornalista de Onda Cero Susana Pedreira mantivo con Manuel Rivas na libraría Cronopios.

A memoria de Fausto Galdo no «Abecedario das mantenzas». Artigo de Alfredo Conde

O escritor Alfredo Conde escribiu, no seu artigo de El Correo Gallego, sobre libro Fausto Galdo e o seu libro Abecedario das mantenzas.   Hai outros casos nos que a memoria se me atravesa. Fausto Galdo, morreu hai pouco. Foise sen que se me acordara preguntarlle ónde fora o lugar no que máis a miudo nos trataramos.

Presentación de «A noite branca», de Francisco Fernández Naval en Arteixo

O venres, 28 de decembro, ás 20,00 horas, na Librería A Lus do Candil, rúa Historiador Vedía, 3 Arteixo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participará  Modesto Fraga  e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Lectura colectiva do libro “Do G ao Z” de Manuel Veiga en Monforte

O venres, 28 de decembro, a partir das 20:30 horas, na librería Agrasar, rúa Cardenal, 38 de Monforte, terá lugar a lectura colectiva do libro  Do G ao Z. Dicionario indignado e humorístico de Manuel Veiga.

Presentación en Maceda de “Sarou / Louzós” de Ramón Caride

O xoves, 27 de decembro, ás 19:30 horas, na Librería Ler, Praza Maior de Maceda, terá lugar a presentación do libro Sarou / Louzós de Ramón Caride. No acto participarán Alejandro Vázquez, Avelina Losada, Francisco Prol e o autor. Estrea do booktráiler do libro realizado por David M. Fidalgo.