Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2012

De Cataluña ao Barbanza: «Poñente», de Pere Tobaruela

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Moncho Ares sobre a presentación de Poñente, de Pere Tobaruela, en Rianxo. Torabuela explota o nexo histórico entre Cataluña e Barbanza A Asociación Cultural Barbantia adoita empezar o ano con forza. Normalmente fai coincidir a súa asemblea xeral cun encontro potente, e o de antonte non foi unha excepción.

A memoria republicana: «Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)». Crítica de Miro Villar en A Festa da palabra silenciada

O escritor Miro Villar publica unha recensión do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero, no último número da revista Festa da palabra silenciada, recensión que tamen pode lerse no seu blog.

Entrevista con Luís Rei Núñez sobre «Cita en Fisterra» no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega realizoulle unha entrevista a Luís Rei Núñez sobre o seu libro Cita en Fisterra. A entrevista pode escoitarse aquí.

«A pomba dona Paz», de Ramón Caride»: unha mensaxe de esperanza. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación sobre A pomba dona Paz, de Ramón Caride, ilustrado por Pepe Carreiro. O libro será presentado hoxe luns 30 de xaneiro, Día Escolar pola Paz, ás 12 horas na Escola Infantil A Pastora de Cambados.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Betanzos

O venres, 3 de febreiro, ás 20:30 horas , no Liceo de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. O acto está organizado pola Asociación Roxín Roxal e Eiravella coa colaboración da Deputación da Coruña.

Humanos e raposos. Anotación en Trafegando Ronseis sobre «Memorias dun raposo», de Antonio Reigosa

O blog Tragefando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Memorias dun raposo, de Antonio Reigosa. Memorias dun raposo Despois de recibir un tremendo paquete, a miña primeira lectura foi para Memorias dun raposo, con ilustracións de Manolo Uhía, publicado pola editorial Xerais. O autor, claro, Antonio Reigosa: o “enviador”.

O libro do «Premio 2011 de relato, poesía e tradución», no Diario da Universidade de Vigo

O Diario da Universidade de Vigo publicou unha información de Jesica Fernández sobre o Premio 2011 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.   Un libro recolle a creatividade literaria do certame de relato curto, poesía e tradución Jessica Fdez.

As suxerencias dun narrador solvente. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Historias de Oregón», de Diego Ameixeiras

Francisco Martínez Bouzas publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de  Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras, Premio La Voz de Galicia de Novela por Entregas.   Friso expresionista Oregón, Ourense Narrador solvente, Diego Ameixeiras afronta con éxito unha incursión no xénero folletinesco que ten que ver case que sempre coa novela negra.

Xurxo Martínez: «Luís Soto foi o gran ideólogo do nacionalismo galego de inspiración marxista»

A edición compostelá de La Voz de Galicia publica unha información sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.   «A figura de Luís Soto foi clave no nacionalismo marxista» No xantar da Rocha (1964) foi un dos creadores da Unión do Pobo Galego (UPG), o miolo do nacionalismo galego artellado arredor do Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Elena Gallego falou de «Dragal» nos Encontros cos Autores do San Narciso

O blog da Biblioteca Secundaria do Colexio San Narciso publicou unha información sobre a visita ao centro de Elena Gallego Abad  para falar do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.

Os «hoax» como fío condutor e deconstrución: anotación sobre «Ninguén», de Fran Alonso, en Trafegando ronseis

Trafegando Ronseis publica unha anotación de Gracia Santorum sobre Ninguén, de Fran Alonso.   Ninguén Xa a nosa colaboradora Rosa recomendara este libro, pero non quero deixar pasar a ocasión de facelo eu tamén. Tiven a oportunidade de ler Ninguén de Fran Alonso, publicado pola editorial Xerais, co club de lectura virtual Falemos de lecturas este mes que me correspondía a coordinación.

«Diario secreto de Adrian Mole»: o engado dos diarios. Reportaxe sobre o libro de Sue Townsend en Disquecool

Disquecool, o medio de tendencias made in Galicia, publicou unha reportaxe de Cris sobre o Diario Secreto de Adrian Mole, de Sue Townsend. Adrian Mole: toda unha vida Escrito por Cris Se hai un formato recorrente nos libros para adolescentes é o de diario.