Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2012

«Debemos coñecer sempre o valor exacto da palabra para construír un mundo mellor». Entrevista de Ana Salgado con Fran Alonso en Tempos dixital

Tempos dixital publica unha extensa entrevista de Ana Salgado con Fran Alonso, centrada no seu último libro Ninguén. Fran Alonso: «Alegraríame se tivesemos un best-seller, aínda que o diga con dor» Fran Alonso (Vigo, 1960) gusta de pensar nos seus libros coa imaxe da pasarela dun aeroporto, na posibilidade de camiñarmos por riba pero que algo recomece.

De Portomarín ao encontro co emperador Hiro Hito. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «O misterioso Dr. Saa»

O crítico Xosé Manuel Eyré publica unha recensión en Galicia Confidencial sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.   O conde de Waldemar, esa personaxe esquecida Esta semana analizamos ‘O misterioso Dr.

Novidade: «Os megatoxos e o aprendiz de druída», de Anxo Fariña

Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña, é outra novidade dos Megatoxos. Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no instituto, cunha dobre vida que os impulsa a viaxar na procura dunha cura para a súa mutación xenética, un cambio provocado por unha planta moi especial, o Toxo. Esta planta mutante ten, entre outras, a capacidade de viaxar no espazo e no tempo.

Fisterra, Galicia. Crítica de Ramón Nicolás sobre «Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre sobre Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.

As revelacións do afiador de Brais Pinto. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre as memorias de Xosé Fernández Ferreiro

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde.   De Xente Nova a Brais Pinto Xosé Fernández Ferreiro Xerais, Vigo 2012, 172 páxs.

Desvelando o misterio do Conde de Waldemar. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «O misterioros Dr. Saa», de Xosé Díaz e Belén Fernández

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Nove noites, unha recensión crítica sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.

A literatura luminosa de Agustín Fernández Paz. Crítica de Armando Requeixo sobre «Fantasmas de luz»

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Fantasmas de luz, de Agustín Fernández Paz.

Os «Sonetos de Shakespeare»: un luxo para presumir. En Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación sobre os Sonetos de Shakesperare, na tradución feita por Ramón Gutiérrez Izquierdo.

Xoán Abeleira recitou «Pan de ánimas». Vídeos en «O levantador de minas»

O levantador de minas inclúe no blog varios vídeos da presentación de Pan de ánimas, de Xoán Abeleira.       Ver todos os vídeos.

24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

Hoxe cúmprense 175 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Xerais súmase á celebración desa data, apoiando a iniciativa da AELG, que está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociación culturais para promocionar o Día de Rosalía de Castro este 24 de febreiro.

«Cita en Fisterra», de Luís Rei Núñez: un xogo espectacular, significativo e arriscado

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación onde anuncia o seu interese por Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez.   Mais quero escribir tamén sobre Luís Rei Núñez. Acabo de encetar a súa última novela. Luís Rei é xente que ten enfrontado retos narrativos de moito fuste, lembremos Montelouro ou O señor Lugrís. E esta parece máis modesta. E nin moito menos é así.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Vigo

O vindeiro mércores, día 29 de febreiro, ás 20:15 horas, na Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo, terá lugar o acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. No acto participarán Elsa Quintas, Pepe Carreiro, Manuel Bragado e o autor.