Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2012

A dureza do rural. «Tras da Corda», de Carlos Reigosa: Unha boa lectura para as vacacións. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Tras da Corda, de Carlos G. Reigosa.   Tras da Corda Baixo o título de Tras da Corda, Carlos G. Reigosa reedita os seus dous libros de narracións curtas Homes de Tras da Corda (1982) e mais As pucharcas da lembranza (1986).

A poesía abre o apetito. Vídeo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Un grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria da aula de música do  CPI Virxe da Saleta, de Cea, elaboraron un vídeo, «A poesía abre o apetito», a partir dun dos poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, quen publica na súa web unha páxina de recursos didácticos sobre o libro que inclúe tamén esta ficha de traballo en pdf elaborado polo Club de Lectura do CPI O Rosal.

Falcatruadas e fedellos do Conde de Waldemar: de Portomarín ao mundo. Crítica de Vicente Araguas sobre «O misterioso Dr. Saa»

O crítico Vicente Araguas  publicou unha recensión crítica sobre O misterioso Dr. Saa, libro subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

Noites insomnes cos «Relatos de terror» de Lovecraft. Artigo de Jaureguizar

Jaureguizar publicou en El Progreso un artigo de opinión sobre os Relatos de terror, de H. P. Lovecraft   O regresista Lovecraft Foron noites de terror insomne, de botar horas deitado agardando a que un deus extraterrestre esvarase por baixo da cama e se presentase no medio da habitación. Daquela, na adolescencia contra a fin dos 70 ler a Lovecraft era unha necesidade para calquera candidato a ser o máis moderno da vila.

Opinión dunha rapaza sobre «Amor dos 15 anos, Marilyn», de Agustín Fernández Paz

Cristina Núñez Sanmartín publica en Trafegando ronseis unha anotación sobre Amor dos 15 anos, Marilyn, de Agustín Fernández Paz.   Como son relatos curtos hai uns que me gustan máis ca outros. O primeiro gustoume porque é moi gracioso e fíxome rir, algo que se agradece nas lecturas, sempre tan tristeiras.

Un neurótico pendurado revisa o seu pasado. Presentado «Orlando Pendurado», de Goretti Fariña

O Diaro de Arousa publicou unha información sobre a presentación do libro Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.

Agustín Fernández Paz: «Tivemos unha infancia castradora: a represión ía máis alá da política, como en ‘Non hai noite tan longa’». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico con Agustín Fernández Paz na que fala dos seus libros: Non hai noite tan longa, Fantasmas de luz,Noite de voraces sombras, Corredores de sombras entre outros.

«Orlando pendurado», de Goretti Fariña: o humor e a beleza dunha escrita culta e elegante

Manuel Bragado, director de Xerais, comenta en Brétemas  a presentación e o espírito do libro Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.   Vindicación da noveliña No serán viaxamos a Ribeira para presentar Orlando pendurado, a novela curta de Goretti Fariña gañadora do Premio Cidade Centenaria.

Vídeo de «Luz verde», curtametraxe baseada en «Cemiterio de elefantes», de Fran Alonso

Baseada no relato «01 AM» de Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso, a curtametraxe Luz Verde pode ser visionada xa na rede. Cun reparto protagonizado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martinez, Luz Verde relata a historia dunha muller de Cabral, en Vigo, que chega ao centro da cidade, de madrugada, para mercar un medicamento nunha farmacia.

Os tempos da longa noite de pedra contados por Xosé Fernández Ferreiro. Crítica de Alfredo Iglesias sobre «De Xente Nova a Brais Pinto»

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado  De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde.

Educar para a paz. Crítica de Paula Fernández sobre «A pomba dona Paz», de Ramón Caride

Paula Fernández publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre A pomba dona Paz de Ramón Caride.

Antón Cortizas estará no Lendo Contigo, en Gondomar, mañá sábado con «Vaia tropa!»

O libro Vaia tropa! de Antón Cortizas, centrará este sábado 24 o Club Lendo Contigo, de Espazo Lectura, e contará coa presenza do autor na Biblioteca de Gondomar. Antón Cortizas, no Lendo Contigo deste sábado O sábado 24 de marzo, a partir das 12:00 horas, terá lugar na Biblioteca de Gondomar a sesión mensual do Lendo Contigo, dedicado a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e seus pais e nais.