Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2012

Xerais redimensiona a figura literaria de Paz-Andrade coa publicación, na «Poesía completa», dunha copiosa obra poética inédita, que inclúe sete libros enteiros

Xerais publicará, nos próximos días, sete poemarios inéditos de Valentín Paz-Andrade, que se darán a coñecer coa edición da súa Poesía completa, un volume de 752 páxinas preparado polo profesor Gregorio Ferreiro Fente que agrupa tamén os seus «Poemas soltos» e dous poemarios inéditos máis, pero fragmentarios.

Xosé Carlos Caneiro: «Os fillos do mar é unha das mellores novelas galegas que levo lido no último ano»

A pasada fin de semana, Xosé Carlos Caneiro abordou, nun artigo en La Voz de Galicia, a súa lectura da novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo.     (…)  E gozosa tamén, ou máis, foi para min a lectura de Os fillos do mar, unha novela asinada por Pedro Feijoo.

Novidades: «ruído de fondo», de Daniel Salgado. O poema como unha inscrición na época

ruído de fondo, de Daniel Salgado, é unha das novidades da colección Poesía. O poema é unha inscrición na época. Non renuncia ao rumor do mundo. Nin á violencia de todas as cousas. Pero é provisional, inútil, precario, tatexo, rebelde, desenfocado. ruído de fondo ensaia unha achega a consignar o nome e o enderezo dos criminais e aproxímase a este tempo salvaxe, ferido, cunha lingua rota.

Venturoso debut. Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Os fillos do mar», de Pedro Feijoo

Francisco Martínez Bouzas publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do mar de Pedro Feijoo.   Venturoso debut Amenidade e lixeireza Cunha novela de longo alento debuta Pedro Feijoo na narrativa, sacado un relato galardoado no ano 2011.

Fran Alonso: «O poder político e económico intenta privatizar a palabra». Entrevista de Vanesa Oliveira en Dioivo

A xornalista Vanesa Oliveira publicou en Dioivo unha entrevista con Fran Alonso centrada no seu libro Ninguén. «O poder político intenta privatizar a palabra» Fran Alonso (Vigo, 1963) bótalle un pulso ao efémero. Despois de máis dunha vintena de libros, segue a buscarlle sentido á fenda na que habitamos entre o real e o ficticio.

Entrevista de Kiko Novoa a Pedro Feijoo sobre «Os fillos do mar» na Radio Galega

Onte, Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou a Pedro Feijoo, que falou da súa novela Os fillos do mar.

Novidades: «O silencio», de Mario Regueira. Un punto de inflexión

O silencio, de Mario Regueira, é unha das novidades da colección Poesía. O silencio constrúese sobre a pausa que se crea entre dous bombardeos, no lugar no que a realidade se converte en distorsión e se borran os límites entre as palabras e o que designan realmente.

«Dragal», de Elena Gallego, Premio Frei Martín Sarmiento

Onte fallouse en Compostela  o VIII Premio Frei Martín Sarmiento. Dragal, de Elena Gallego resultou gañadora nas categorías de 1º e 2º da ESO. Trátase dun premio simbólico para a literatura infantil e xuvenil galega, cun xurado composto polos propios estudantes dos centros de ensino, que son quen deciden o premios que se outorgan en cada categoría. Dragal.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

A FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA comprácense en convidalo/a aos seguintes actos: Día 1 martes, 20:00 horas: Mesa redonda, organizada por REDELIBROS, “Os segredos da novela histórica” coa participación de Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario). Día 2 mércores, 19:00 horas: Presentación de O silencio de Mario Regueira.

«Galicia como tarefa», de Valentín Paz Andrade, na voz do presidente da RAG

Manuel Bragado, director de Xerais, comentou en Brétemas o acto de presentación da  reedición facsímile, en Xerais, de Galicia como tarea, o emblemático ensaio de Valentín Paz Andrade.   «Agradezo a afluencia de público e personalidades neste acto mais tamén as voces iradas dos que protestan; isto é Vigo, o punto máis dinámico e máis tenso e creativo de Galicia. De aquí naceu todo.

Bases do Premio Blanco Amor de Novela 2012

O Concello de Fene acaba de facer públicas as bases do Premio Blanco Amor de Novela. O prazo de admisión de orixinais remata o 28 de setembro. As bases poden descargarse aquí en pdf. APROBADAS AS BASES QUE REXERÁN O XXX PREMIO DE NOVELA LONGA EDUARDO BLANCO AMOR O prazo para a recepción de orixinais rematará o vindeiro 28 de setembro Poderán concorrer ao premio, dotado con 12.

«Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F. Ferreira, galardón do Xurado do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

A Radio Galega informou do fallo do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que editará Xerais nas vindeiras semanas. O galardón do xurado foi para «Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F. Ferreira, e o da audiencia para «Intercom-Baby», de Marián Bañobre e Santiago Cortegoso.   «Poema sinestésico para tres voces e un can», de Eva F.