Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2012

Tras a pegada dun gran poeta do mar: «A narrativa mariña» de López Abente

O xornal Sermos Galiza publica unha información sobre A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente.   Tras a pegada dun gran poeta do mar A redescuberta de Gonzalo López Abente sobe un chanzo coa publicación de A narrativa mariña. A Fundación de Muxía dedicada ao escritor marcouse o obxectivo reeditar a súa obra para lle dar o lugar de transcendencia que merece na literatura galega.

Ficción científica a ritmo trepidante: «Os megatoxos e o aprendiz de druída», de Anxo Fariña. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Os megatoxos e o aprendiz de druída, de Anxo Fariña.

Nenos de Salvaterra versionan en vídeo o Manual para ser poeta que inclúe «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

Os alumnos de 3º de Primaria do CEIP Infante Felipe de Salvaterra fixeron un vídeo, publicado no blog Prac-Tic-Ando-en Primaria a partir do «Manual para ser poeta», do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, libro arredor do que realizaron un intenso traballo durante o curso.

O desconcerto social e individual en «Orlando pendurado», de Goretti Fariña. Crítica de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia confidencial unha recensión crítica sobre Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria. A toupa e a luz pendente   Chámanlle “mercado” ao que non é senón un cúmulo (compra, venda, financiamento…) de actividades a redor da especulación.

Entrevista con Elvira Riveiro Tobío en Parlamento das Letras, de Armando Requeixo

O blog Criticalia, de Armando Requeixo, publica unha entrevista con Elvira Riveiro Tobío. Reproducimos as primeiras preguntas. A entrevista pode lerse completa aquí.   Parlamento das Letras Elvira Riveiro Tobío Elvira Riveiro Tobío pertence á vella tribo de Cerponzóns, estirpe antiga que en tempos formou parte do moi literario concello de Alba, hoxe anexionado pola veciña Boa Vila.

«Catro amigos pillabáns», unha historia tenra de Ramón Caride. Crítica en Brabádegos

Brabádegos, o portal de literatura infantil e xuvenil publica unha recensión sobre Catro amigos pillabáns, de Ramón Caride.   Amigos cos que xogar A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das películas que ven no cine. E un día o seu desexo faise realidade.

O traballador dun estaleiro na corda frouxa: «Orlando pendurado», de Goretti Fariña, crítica de Armando Requeixo

O crítico Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Orlando pendurado, de Goretti Fariña, novela gañadora do Premio Cidade Centenaria.   A vida na corda frouxa A primeira vez que lin a Goretti Fariñafoi polo ano 2000.

A reivindicación de «A narrativa mariña», de Gonzalo López Abente, en Muxía

En Compás da Costa, Alberto Pose publica unha crónica da presentación en Muxía de A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición de Suso Sambade e en colaboración coa Fundación López Abente.

Pedro Feijoo, sobre «Os fillos do mar»: «A miña bandeira é a memoria». Entrevista

Tempo de lecer, Ourense, publica unha entrevisa de Raquel Feijóo e fotos de Israel Elíaz co escritor Pedro Feijoo, sobre a súa novela Os fillos do mar.

«Dark buttterfly», de Rexina Vega, un libro vivo presentado por Barbantia

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publica unha crónica da presentación de Dark butterfly, de Rexina Vega organizada pola asociación cultural Barbantia. (…) De Darkbutterfly, apuntou que foi cualificada como novela heroica por parte da crítica, e que se trata dunha historia dura pero romántica, que ten unha aparente sinxeleza, pero que non é tal. Engadiu que se trata dun mlibro vivo, vertebrado, de sangue quente.

Muxía, coa narrativa mariña de López Abente

Tanto Manuel Bragado, director de Xerais, en Brétemas como Ramón Nicolás no seu blog, Caderno da crítica, realizan unha crónica da presentación en Muxía de A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición de Suso Sambade e en colaboración coa Fundación López Abente.

«As rapazas de Xan», de Manuel Iglesias Turnes: ruralismo necesario. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre  As rapazas de Xan, de Manuel Iglesias Turnes.   Ruralismo necesario Unha lectura apresurada desta novela pode levar a considerala propia dun ruralismo propio da narrativa do Rexurdimento, mesmo unha especie de Maxina actualizada  e que non resulta acaída no estado actual de evolución da literatura galega.