Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2012

A distopía tornouse realidade

Baixo o título “A distopía tornouse realidade, a ficción científica como metáfora do control total”, a xornalista Montse Dopico publica en Praza unha reportaxe literaria sobre a ficción científica na literatura galega. Recomendamos o texto moi vivamente.

Mario Regueira conversa con Montse Dopico para “Praza pública”

Praza publica a conversa da  xornalista Montse Dopico con Mario Regueira sobre as dúas novidades máis recentes do autor ferrolán, a novela Outono aquí e o libro de poemas O silencio.  Recollemos algúns fragmentos dun texto moi interesante, no que hai numerosas referencias a Rebelión no inverno e L´affiche rouge, outras obras de Requeira publicadas por Xerais : Silencio é o título do teu novo poemario.

“O meu primeiro Celso Emilio”, anotación de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blg unha interesante anotación sobre o libro disco O meu primeiro Celso Emilio.

“As rapazas de Xan”, novela recomendada en blog lucenses

As rapazas de Xan, a novela de Manuel Iglesias Turnes, continúa sendo recomendada entre os lectores. Atopamos dúas recomendacións en senllos blogs lucenses que merecen ser divulgadas: Os que nos coñecen poden pensar que estamos a falar da Carmen e a Helena, as rapazas do noso Xan. Pois non, neste caso o que lles propoñemos é que lean a novela As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes (Edicións Xerais).

“O meu primeiro Celso Emilio”, entrevistas a Xosé e Xiana Lastra

O programa “Viraventos” de Radiofusión do 27 de xullo fíxose eco da publicación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Aquí pódese escoitar a entrevista a Xosé Lastra, co-autor do libro. Pola súa banda, o programa “Somos quen” da Radio Galega do 28 de xullo entrevistou a Xiana Lastra, co-autora e intérprete dalgunha das pezas. Aquí (a partir do minuto 30:41) pode escoitarse.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica do que foi a presentación en Teo do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Reproducímola: Memorable foi o concerto no Auditorio Municipal de Teo de presentación do librodisco O meu primeiro Celso Emilio. Unha gozada escoitar oito poemas de Celso Emilio interpretados por unha ducia de músicos extraordinarios.

Presentación d´ “O meu primeiro Celso Emilio” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 21:15 horas presentarase o libro disco de Xiana e Xosé Lastra O meu primeiro Celso Emilio.  No acto participan Manuel Bragado, os autores e varios músicos participantes no libro.

Presentación d´ “Atl” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 20:45 horas, presentarase a novela Atl de Manuel Lourenzo, gañadora do Premio Banco Amor de Novela. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

Presentación d´ “O país adormentado” na Feira do Libro da Coruña

O xoves, 9 de agosto, ás 20:00 horas na Feira do Libro da Coruña presentarase a novela de Xabier DoCampo O país adormentado. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.

“Castelao na Unión Soviética”, artigo de Xosé Neira Vilas

Xosé Neira Vilas publicou na súa sección “Arco Iris” de El Correo Gallego un artigo sobre o libro de Xesús Alonso Montero Castelao na Unión Soviética en 1938. Reproducimos un texto moi interesante: CASTELAO NA UNIÓN SOVIÉTICA Así se titula un libro recente de Xesús Alonso Montero (Ed. Xerais, 2012). A histórica viaxe de Daniel ó país de Lenin.

Gramática existencial, unha lectura da novela “Iria” de Anxo Angueira

Por Xavier Queipo Collín o Vitrasa en Camelias, camiño que levaba do Calvario e abrín Iria, de Anxo Angueira. Non adoito ler no autobús, mais comecei e xalogo estaba mergullado nunha atmosfera máxica, engaiolante, de prosa vizosa e imaxes en flash-back, da miña infancia nas ribeiras do Sar.

Xurxo Lobato pregoeiro do “Día da Vaca” de Xanceda

A Asociación Mesía Unida anuncia a celebración o 29 de xullo do segundo Día da Vaca, no que actuará como pregoeiro Xurxo Lobato, autor de No país das vacas.