Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2012

Audacidade narrativa entre fantástico e o real: «15.724», a novela de Xesús Constela que converte a lectura en algo marabilloso. Crítica de Ramón Rozas

Ramón Rozas publicou na Revista do Diario de Pontevedra, o pasado 19 de agosto, unha recensión crítica sobre 15.724,  a novela de Xesús Constela.

«A poesía de Celso Emilio parece unha profecía do que ocorre hoxe»: Entrevista con Ramón Nicolás sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», a biografía do poeta de Celanova

 La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Camilo Franco con Ramón Nicolás sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a biografía de Celso Emilio Ferreiro que Xerais poñerá nas librerías a finais da próxima semana.   «Celso Emilio Ferreiro é, indubidablemente, un herdeiro do galeguismo do grupo Nós» Celso Emilio Ferreiro xa ten unha biografía que o escriba.

Misterio, aventuras e educación viaria en «O misterio do Faro Vello», de Fina Casalderrey. Crítica de Carmen Ferreira

Carmen Ferreira Boo publicou onte 30 de agosto en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre  O misterio do Faro Vello, de Fina Casalderrey, ilustrado  por Manolo Uhía.

«O silencio», de Mario Regueira: poemario intenso. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre O silencio, de Mario Regueira.   O silencio Por fin, ben tardei en chegar a este poemario de Mario Regueira chamado O silencio e publicado por Xerais. Poemario intenso e diferente cun tema inhóspito e delicado: a guerra.

Desmontando falsas verdades: «Para unha crítica do españolismo», de Camilo Nogueira. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de  Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira. Galeguismo contra españolismo Unha obra política feita por un histórico da política como Camilo Nogueira é a proposta de Manuel Rodríguez.

A escrita fértil, de variña máxica, onde as cousas acadan un plano moi alto, en «O máis estraño», de Manuel Rivas. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou o pasado 12 de agosto nos xornais Atlántico e La Región unha crítica sobre O máis estraño, de Manuel Rivas baixo o título de «O Rivas que máis me presta»: Na recensión crítica pode lerse: «Como a súa escrita, tan fértil, realista de luvas, chisteira e variña máxica, onde as cousas de adiario, de decotío, acadan un plano moi alto». Pode lerse ou descargarse aquí en pdf.

Ramón Caride: «Leo as noticias de sucesos porque hai situacións que superan a ficción». Entrevista sobre «Sarou/Louzós»

A edición de Arousa de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Anxo Martínez con Ramón Caride sobre o seu novo libro de relatos Sarou /  Louzós.

«Radioteatro». Crítica de Armando Requeixo sobre o «VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico»

Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre o VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico.   Radioteatro O pasar do tempo descóbrenos que xa van alá seis anos dende que botara a andar o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Esta andaina consolidada foi posible grazas á implicación entusiasta das xentes do Diario Cultural da Radio Galega e o apoio do CDG.

O verán de Manuel Rivas. Entrevista en RNE

En Radio Nacional de España pode escoitarse unha entrevista sobre o verán de Manuel Rivas.

Homenaxe Nacional a Bernardino Braña

O próximo sábado 1 de setembro terá lugar unha Homenaxe Nacional a Bernardino Graña organizado pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, xunto co colectivo ArTeu, e coa colaboración da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña.

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente

Celso Emilio Ferreiro e Xesús Alonso Montero serán nomeados mañá Arraiano Universal e Arraiano Maior da Raia Seca respectivamente nun acto organizado pola asociación Arraianos que terá lugar en Celanova que dará comezo ás 10 da mañá coa lectura dun manifesto na praza da vila. Con anterioridade, no ano 2009, recibiron os devanditos nomeamentos o escritor X. L.

De «Acio sanguento» a “Todo sobre o fútbol galego». O percorrido literario de Carlos Freire, por Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras publicou un artigo no suplemento Culturas de La Voz de Galicia o pasado 4 de agosto, titulado “Miradas de esguello”, sobre Carlos Freire Cordeiro, autor de Acio sanguento, do que Xerais publicará tamén en breve o libro Todo sobre o fútbol galego.