Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2012

«Trampa de Luz», de Agustín Agra: o poder do misterio

Román Arén publica na edición do Barbanza de La Voz de Galicia unha recensión sobre  Trampa de Luz, de Agustín Agra.   Trampa de Luz   O poder do libro está no misterio Agustín Agra (Nola 1966), biólogo, comezou colaborando nas revistas Alameda e Casa da Gramática, e no 2004 gañou o Premio de Narracións Curtas do Pedrón de Ouro con Os límites do inimaxinable.

«Sarou / Louzós», de Ramón Caride: maxistrais relatos de escuro e violento realismo. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.

«15.724» , de Xesús Constela: a novela dun «escritor que arrisca en cada unha das obras»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou no seu blog unha anotación sobre a presentación de 15.724, a novela de Xesús Constela.   «15.724» Máis de cento cincuenta persoas participaron na presentación en Pontevedra de 15.724, a máis recente novela de Xesús Constela.

Novidade: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012: unha novela que é un acto de amor á lingua

Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012, é unha das novidades para este outono. Premio Xerais de Novela 2012 “Tonas de lanraxa”, a novela gañadora do Premio Xerais 2012, é, segundo os membros do xurado, un «acto de amor á lingua, arrecendente, profundo, vivo, diverso e capaz de espertar a fame do lector ou lectora».

Ramón Nicolás: «O boom de Celso Emilo Ferreiro como poeta produciuse en Venezuela». Entrevista sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

O Diario Cultural da Radio Galega realizou unha entrevista a Ramón Nicolás polo seu libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Ramón Nicolás declara na entrevista que coñecer a Celso Emilio Ferreiro, unha das grandes figuras da literatura galega do século XX, «é unha necesidade».

Presentación de “Antón Reixa. Ghicho distinto” de Cid Cabido e Manuel Xestoso en Vigo

O xoves, 4 de outubro, ás 20:00 horas, na libraría Librouro, Eduardo Iglesias, 12 de Vigo, terá lugar a presentación do libro Antón Reixa. Ghicho distinto de X. Cid Cabido e Manuel Xestoso. No acto participarán Xosé Manuel Pereiro, Antón Reixa, Manuel Bragado e os autores.

A cuestión nacional e o seu abandono: «A derrota de Galicia», de Antón Baamonde. Crítica de Alfredo Iglesias Diéguez

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro  A derrota de Galicia, de Antón Baamonde.

Cando a felicidade era posible en Moscova: «Castelao na Unión Soviética en 1938», de Xesús Alonso Montero. Crítica de Xosé Ramón Pena

Xosé Ramón Pena publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero.

Ramón Nicolás: «Sorprendeume a monumentalidade do quefacer intelectual, literario e político de Celso Emilio Ferreiro e o seu optimismo»

Radiofusión publica unha entrevista en audio con Ramón Nicolás polo seu libro Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Esta biografía, en palabras do seu autor, é o resultado de moitos anos de investigación da vida e obra de Celso Emilio Ferreiro, botando man das fontes máis importantes.

«Sarou / Louzós», de Ramón Caride: unha das mellores novelas negras das nosas letras. Crítica de Xosé Manuel Eyre

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Sarou / Louzós, de Ramón Caride.   Sarou /  Louzós   Reactualizando a mellor narrativa negra Xerais reedita unha das mellores novelas negras das nosas letras, Sarou/Louzós, unha obra de Ramón Caride Ogando.

«Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro, narrativa de vangarda. Crítica de Chus Nogueira

A profesora e crítica Chus Nogueira fala no Diario Cultural da Radio Galega sobre Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro. Chus Nogueira sitúa este libro na vangarda da narrativa en Galicia. Ao seu ver, a relación entre vida e literatura vai entrelazándose no libro. A súa intervención pode escoitarse aquí en mp3.

Novidade en Fóra de Xogo: «O corazón de Xúpiter», de Ledicia Costas

O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, é unha das novidades de Fóra de Xogo para a nova tempada. Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito.