Menu Xerais

Arquivo mensual: Outubro 2012

“Cartas de inverno”, o libro de ficción máis vendido de Xerais, xa ten novela gráfica

Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz  é o libro de ficción máis vendido da editorial. Publicado en 1995, na colección Fóra de Xogo, leva 29 edicións e 84.400 exemplares vendidos a día de hoxe.

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto

O venres, 9 de novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo. Actuarán María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.

Un escritor que non quere ser postmoderno: «Gran tiburón branco», de Samuel Solleiro

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación onte en Compostela de Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro.   Gran tiburón branco Desque hai máis dunha década publicamos Elexías a deus e ao diaño, temos a convicción que Samuel Solleiro é un dos escritores chamados a ampliar as marxes da narrativa galega contemporánea.

A xestación de «A punta de pistola», de Fran Alonso

Fran Alonso  publicou unha anotación no seu blog explicando como naceu a súa última novela, A punta de pistola, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia 2012. «Algúns sucesos denotan unha carga tráxica tan forte que en apariencia resultan cómicos.

Novidade: «Todo sobre o fútbol galego», de Carlos Freire Cordeiro

Todo sobre o fútbol galego, de Carlos Freire Cordeiro, é unha das novidades de Xerais para o último trimestre do ano. En Todo sobre o fútbol galego temos unha visión panorámica do fútbol en Galicia, un enfoque que permite ver en perspectiva e dun xeito ecuánime a historia deste deporte desde os seus inicios até os nosos días.

A novela que é un pracer ler: «As voces baixas», de Manuel Rivas. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha anotación crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.     As voces baixas A primeira novela “seria” que lin foi Nada de Carmen Laforet; antes xa chapodara varias veces os cómics do Capitán Trueno, Jabato e os que había preto, aqueles intercambios que faciamos na tenda que había xusto fronte da casa de meus pais, e á que acudiamos cada día.

Novidade: «Cartas de inverno». Novela gráfica de Antonio Seijas

    Cartas de inverno, unha novela gráfica de Antonio Seijas baseada na novela de Agustín Fernández Paz, é unha das novidades para os derradeiros meses deste ano. Á volta da súa viaxe, o escritor Xabier Louzao atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia.

Carlos Cordeiro: «Galicia foi o primeiro lugar onde se xogou ao fútbol en España. «Todo sobre o fútbol galego». Entrevista en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Carlos Freire Cordeiro, autor de Todo sobre o fútbol galego.

Un escritor que te acompaña ao longo de toda a túa vida. Anotación de Manuel Gago sobre «As voces baixas», de Manuel Rivas

Manuel Gago publicou no seu blog Capítulo 0 unha recensión crítica sobre a última novela de Manuel Rivas, As voces baixas.   As voces baixas: o corpo aberto de Rivas Algúns escritores acompáñante ao longo de boa parte da túa vida como lector.

«De Xente Nova a Brais Pinto», de Xosé Fernández Ferreiro: o libro dos que tanto brillo espontáneo aportaron a unha época escura. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica sobre o libro de memorias de Xosé Fernández Ferreiro, titulado De Xente Nova a Brais Pinto, e subtitulado Memorias dun afiador rebelde, nos xornais Atlántico e La Región. O crítico Araguas refírese a el como «un libro moi sabedor», que vén cheo de datos e refírese á xeración de Brais Pinto como aquela xente que «tanto brillo espontáneo aportaran a unha época escura».

Marcos Calveiro: «’Palabras de auga’ é un raio de esperanza». Entrevista de Ana Baena

A xornalista Ana Baena publicou o sábado no Atlántico Diario unha entrevista con Marcos Calveiro sobre Palabras de auga.

Entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, «Gran tiburón branco»

Letra en obras publicou unha entrevista a Samuel Solleiro sobre a súa última novela, Gran tiburón branco.   «Teño respecto polas novelas e non creo moito na posibilidade de escribilas rápido» Seis anos despois de publicar o ata de agora o seu último libro, Dz ou o libro de esperma, Samuel Solleiro (Tui, 1982) volve ás librarías con Gran tiburón branco (Ed. Xerais).