Menu Xerais

Arquivo mensual: Novembro 2012

Programación de Xerais no Culturgal 2012

Xerais estará presente no Culturgal 2012, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro. Eis o programa de presentacións, conversas e sinaturas con autores e autoras da editorial. Venres 30 de novembro: 11:30 horas, Salón: Marcos Calveiro en conversa cun club de lectura escolar do IES de Poio.

Camilo Nogueira: «A historia oficial de España está fundamentantada na negación de Galicia como reino independente. Reportaxe arredor de «Para unha crítica do españolismo»

Montse Dopico publicou  no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha reportaxe sobre o libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira.   Identidades plurais Alternativas arredor da idea de España Combater a ideoloxía de “España como nación única” e restaurar o lugar na historia da Galicia medieval foi o obxectivo de Camilo Nogueira ao publicar, no 2001, o seu libro A memoria da nación.

Unha lectura obrigada entre o ensaio e as vivencias autobiográficas: «O rastro que deixamos», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de O rastro que deixamos de Agustín Fernández Paz.

Antón Baamonde: «Galicia está ao borde da extinción como suxeito político»

O xornalista Xan Carballa publicou, na web de Valentín Paz Andrade, dentro da serie «Conversas no ronsel» unha entrevista con  Antón Baamonde en torno ao seu libro A derrota de Galicia.   «Galicia está ao borde da extinción como suxeito político» “As forzas políticas non é que non teñan ideas é que non queren telas, porque os seus dirixentes non queren ser molestados”, asegura Antón Baamonde (Vilalba 1959).

Guía de autoaxuda para mellorarmos a lingua: «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón

Galicia confidencial publica unha reportaxe sobre o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.     Guía de autoaxuda para mellorarmos o noso galego Carlos Callón presenta ‘Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez’, lanzamento de Xerais, editorial que pronto comercializará libros electrónicos para Kindle.

Valentín Paz-Andrade asina a obra máis extensa da poesía en galego na Guerra Civil española

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Mar Mato sobre a presentación Poesía Completa de Valentín Paz-Andrade en edición de Gregorio Ferreiro Fente (Fotografía de Rodrigo Otero / Faro de Vigo).

Crónica da presentación da novela gráfica «Cartas de inverno», de Antonio Seijas, en Brétemas

Manuel Bragado publicou no seu blog Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela Agustín Fernández Paz.   A novela grafica de «Cartas de inverno» Na presentación en Ares da novela gráfica de Antonio Seijas, Agustín Fernández Paz explicou con todo detalle a intrahistoria de Cartas de inverno. «Foi un libro que me saíu con rara facilidade.

O libro «Vigo a 80 revolucións por minuto», de Emilio Alonso, provoca unha investigación sobre as conexións entre as movidas de Moscú e Vigo nos anos 80

Faro de Vigo publicou onte unha reportaxe de Mar Mato sobre unha rusa que investiga a conexión entre as movidas de Moscú e Vigo nos anos 80 a partir do libro Vigo a 80 revolucións por minuto, do xornalista vigués Emilio Alonso.

Novidade: «Todo Ok», de Diego Ameixeiras. Sobrevivir máis alá das marxes da legalidade

Todo OK, de Diego Ameixeiras, é unha das novidades de Narrativa deste mes. Tomando como base un suceso real, Todo OK relata a historia de Inés Landeira, unha muller involucrada nun delito de narcotráfico que tenta refacer a súa vida e evitar a entrada no cárcere.

Novidade: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Desde A Habana da emigración galega ao cerco de Leningrado.

A noite branca, de Francisco Fernández Naval é unha das novidades de Narrativa deste mes. Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo.

Un calidoscopio escrito cos vimbios dos soños: «Tonas de laranxa», de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón. Crítica de Lorena Domínguez Mallo

Lorena Domínguez Mallo publica en LG3, o soportal da literatura do Consello da Cultura Galega, unha recensión crítica sobre Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleirón, Premio Xerais de Novela 2012.

Carlos Negro: «Makinaria é un poemario que me vén dando moitísima satisfacción emocional no contacto directo co contorno adolescente». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista con Carlos Negro. Parlamento das Letras Carlos Negro O Negro literario: alias Carlos da rúa da Cacharela, alias o neno dos de Agolada, alias o neto dos da Avenida de Buenos Aires. Nacemento en Lalín Town, nalgún momento do outono de 1970.