Menu Xerais

Arquivo mensual: Xaneiro 2013

Manuel Portas volve á narrativa con «Faneca brava»

Sermos Galiza publica unha información sobre Faneca brava, a próxima novela de Manuel Portas, así como das próximas novidades de Xerais. Manuel Portas volve á narrativa con “Faneca brava” Despois de darse a coñecer como narrador con Denso recendo a salgado no 2010 e publicar ao seguinte ano Un dedo manchado de tinta, Manuel Portas volve a narrativa co seu terceiro libro Faneca brava.

Coñecer outras formas de vida a través dos inmigrantes: «Señor Meco», de Mar Guerra. Crítica de María Navarro

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Señor Meco, de Mar Guerra, ilustrado por Evaristo Pereira.     Riqueza emocional Atmosfera de distensión Señor Meco vén sumarse á lista de títulos que Mar Guerra ten publicado para lectores mozos.

Anunciando as próximas novidades de Xerais

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación co anuncio das próximas novidades que publicará Edicións Xerais de Galicia.   Anunciando as novidades Intensa tarde de presentación do programa de novidades para este primeiro semestre diante da nosa comercial. A pesar da inevitable redución do número de títulos, non podemos agochar a nosa ilusión pola diversidade e calidade desta xeira editorial.

María Solar entrevista a Pere Tobaruela no Zig Zag sobre «O Códice do Santo Lugar»

María Solar entrevistou a Pere Tobaruela  no programa Zig Zag, da TVG, sobre a súa nova novela O Códice do Santo Lugar.

A educación, a discriminación social, o maltrato infantil e a desigualdade de xéneros en «A punta de pistola», de Fran Alonso. Crítica de Mar Fernández Vázquez

Mar Fernández Váquez publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica sobre sobre A punta de pistola, de Fran Alonso, Premio de Novela por Entregas La Voz de Galicia.

Diego Ameixeiras sobre «Todo OK»: «Parecíame moi interesante que o personaxe principal fose unha muller». Entrevista de Iago Martínez

Iago Martínez reproduce no seu blog a entrevista que lle fixo a Diego Ameixeiras sobre o seu libro Todo OK en CUAC FM. Pode escoitarse no minuto 39.

Unha fermosa mirada poética sobre as cidades: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso.     Cidades Unha noticia que me enche de ledicia é a reedición deste Cidades de Fran Alonso, poemario que ben cumpría rescatar do esquecemento.

A insaciable curiosidad intelectual de Fernando Pérez-Barreiro Nolla en «Amada Liberdade»

 La Voz de Galicia publicou unha información sobre o intelectual Fernándo Pérez-Barreiro Nolla e o seu libro de memorias Amada liberdade.

O discurso de Gaia sobre a lingua, a protagonista de «En vías de extinción» de María Reimóndez, en Sermos Galiza

O semanario Sermos Galiza publicou un extracto da novela En vías de extinción de María Reimóndez, que se recolle no seu blog. Correspóndese cun dos discursos de Gaia, a protagonista, publicado no caderno de análise adicado á lingua.

O posicionamento crítico como motor de liberdad en «En vías de extinción», de María Reimóndez. Crítica de Lorena López López na revista Grial

Lorena López López publicou unha recensión crítica na revista Grial sobre En vías de extinción de María Reimóndez, que se recolle no blog da novela.

Presentación en Ourense de “O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas” de Ramón Caride

O xoves, 31 de xaneiro, ás 20,00 horas, na librería La Región, rúa do Paseo, 15 de Ourense, terá lugar a presentación do libro O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas de Ramón Caride e con ilustracións de Jaime Asensi. No acto participarán Juan José Rodríguez Fernández de Aspanas Termal, Manuel Bragado, Ramón Caride, Jaime Asensi e O Capitán Aspanitas.

Agustín Fernández Paz, nomeado onte doutor honoris causa pola Universidade de Vigo

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha crónica do nomeamento do escritor escritor Agustín Fernández Paz como doutor honoris causa pola Universidade de Vigo. Varios medios de comunicación, como La Voz de Galicia, Galicia Hoxe ou El Corro Gallego publican informacións ao respecto.