Menu Xerais

Arquivo mensual: Febreiro 2013

“O meu primeiro Celso Emilio” en concerto na Coruña

O mércores, 6 de marzo, ás 20:30 horas, no Teatro Colón da Coruña, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio, no que participarán María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra. Este acto, organizado pola Fundación Celso Emilio Ferreiro e Xerais,  conta con proxeccións, intervencións e actuacións musicais  que os autores ofrecen arredor do libro O meu primeiro Celso Emilio.

Esperada reedición da “Guía das plantas de Galicia” de Xosé Ramón García

Hoxe chegou a esperada reedición da Guía das plantas de Galicia do prestixioso botánico Xosé Ramón García. A Guía das plantas de Galicia, editada por vez primeira en 2008 e que levaba varios anos esgotada, é un instrumento imprescindible para o coñecemento básico da actual flora do noso país.

O roubo do Códice… nos tempos de Xelmírez: «O Códice do Santo Lugar», de Pere Tobaruela. Crítica de Laura Caveiro

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Laura Caveiro sobre a novela O Códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela.

Poética da indefensión: «Todo OK», a última novela de Diego Ameixeiras. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre sobre Todo OK, a última novela de Diego Ameixeiras.   Atrapados e derrotados Crúa poética da desesperanza Diego Ameixeiras súmase á nómina de narradores galegos que escriben ficción inspirándose en acontecementos reais.

Intriga, acción e sensibilidade ecolóxica: «O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas», de Ramón Caride. Anotación de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no seu blog unha anotación crítica  sobre sobre O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas, de Ramón Caride.     Literatura solidaria O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas é a nova aventura infantoxuvenil de Ramón Caride Ogando, un relato que leva gravados algúns dos que son os seus sinais narrativos máis característicos: intriga, acción e sensibilidade ecolóxica.

Unha obra de gran calado: «A noite branca», de Francisco X. Fernández Naval. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da novela   A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval   A noite branca Incorporeime onte en Ferrol a xeira de presentacións que dende o pasado mes de novembro Chisco Fernández Naval realiza d’ A noite branca, a súa novela máis recente e, probablemente, a máis importante da súa traxectoria.

Presentación no barrio da Ponte de Ourense de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 1 de marzo, ás 20:15 horas, no Centro Cívico da Ponte, rúa Euloxio Gómez Franqueira, 43 A Ponte – Ourense. Terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.

Presentación en Barcelona de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

Na Escola Oficial d’Idiomes en Drassanes esta sexta feira, 1 de marzo, ás 19 h. O último libro do presidente da Mesa, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, será obxecto de conversa e debate esta sexta feira (venres) 1 de marzo na Escola Oficial d’Idiomes de Drassanes, na cidade de Barcelona (Avda. Drassanes, 14).

Francisco Fernández Naval: «Foi unha sorpresa atoparme cun personaxe así no pasado familiar». Entrevista sobre «A noite branca»

Radiofusión emitiu unha entrevista a Francisco X. Fernández Naval sobre a súa novela A noite branca con motivo da presentación do libro, onte en Ferrol.   A noite branca ou a guerra que sae dunha lata de marmelo Unha muller, María Luísa, marca a orixe da novela de Francisco Fernandez Naval “A noite branca” que presenta esta tarde na Galeria Sargadelos de Ferrol.

«O Códice do Santo Lugar», de Pere Tobaruela en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a novela O Códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela.     Libros con blog propio Así como atopamos blogues de asociacións, hainos de editoriais, de autores/as, e de libros. Neste caso traemos á páxina o dun libro que acaba de saír á rúa, de autoría de Pere Tobaruela e publicado na colección Fóra de Xogo.

«O gardián invisible» de Dolores Redondo: booktrailer da versión italiana

A novela O gardián invisible de Dolores Redondo, que continúa a encabezar a lista dos libros máis vendidos, amplifica cada vez máis o seu eco internacional. Presentamos agora o booktrailer da versión italiana da novela.

Francisco X. Fernández Naval: «A División Azul é un tema da nosa historia e alguén tiña que contar o que sucedeu»

O Diario de Ferrol publicou unha entrevista realizada a Francisco X. Fernández Naval sobre a súa novela A noite branca.     «A División Azul era un tema da nosa historia e alguén tiña que contar o que sucedeu» O autor presenta ás 20.