Menu Xerais

Arquivo mensual: Marzo 2013

Dragóns (con Elena Gallego Abad) e piratas (con Xosé Mª Lema). Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o salto da triloxía Dragal de Elena Gallego Abad, aos soportes multimedia e da presentación da novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema, en Compostela. Dragóns e piratas Foi a de onte unha xornada de presentacións en Compostela. Pola mañá acompañamos a Elena Gallego no acto no que se anunciou o salto da triloxía Dragal aos soportes multimedia.

O futuro audiovisual de «Dragal», na TVG

Dous programas da TVG, A revista e Bos días, deron conta da noticia recollida destes días, a conversión da triloxía Dragal de Elena Gallego Abad, nun proxecto multimedia. Reproducimos tamén a noticia no Faro de Vigo.

Fran Alonso: «Gústame sorprender os adolescentes coa poesía»

A edición do Deza de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña co escritor Fran Alonso sobre Poetízate (foto de @cartaxeometrica).

«Costa do solpor», de Xosé Mª Lema: unha novela centrada na xeografía do mar

El Correo Gallego publicou unha noticia sobre a presentación en Compostela de Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema.

Novidade: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato

A Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato é unhas das novidades de Xerais. Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galega co obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outras linguas próximas xa dispoñen desde hai tempo.

Presentación en Baio-Zas de “Costa do Solpor” de Xosé Mª Lema

O venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Baio-Zas, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor de Xosé Mª Lema. No acto participarán Antonio Díaz Amor, Chema Rei Lema, María Canosa, Manuel Bragado e Xosé Mª Lema. Organiza a Asociación Musical e Cultural Pepe Valiña-Coral Xan Mella.

Berta Dávila, Cesáreo Sánchez, María Reimóndez e Antonio García Teijeiro asinan os vindeiros títulos de poesía de Xerais

Xerais está a traballar na edición dos próximos títulos de poesía, que sairán ao longo desta primavera e que incorpora ao catálogo da editorial a Berta Dávila, co seu poemario Raíz da fenda, que recibiu o Premio Johán Carballeira de Poesía, convocado polo Concello de Bueu; e a Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu poemario Caderno do Nilo.

«Dragal», o dragón de Elena Gallego que se converte nun proxecto multimedia

Diversos medios de comunicación, como La Voz de Galicia ou 20Minutos, informan hoxe sobre a adpatación da triloxía Dragal de Elena Gallego Abad, ao cine, cómic e videoxogos. Reproducimos a información de Xornal 21.

Xosé Mª Lema: «Levoume case 20 anos escribir esta historia». Entrevista de Marta Valiña sobre «Costa do Solpor»

La Voz de Galicia, na súa edición de Carballo, publicou unha entrevista de Marta Valiña a Xosé Mª Lema sobre a súa novela Costa do Solpor.

«Poetízate», de Fran Alonso: opinión dos estudantes do IES de Silleda

Gracia Santorum publicou en As estelas dos ronseis as opinións dos seus alumnos e alumnas sobre Poetízate, de Fran Alonso.

«Dragal», de Elena Gallego, salta ao cinema, o cómic e os videoxogos. Reportaxe de Marcos Pérez Pena

Praza Pública publicou unha reportaxe de Marcos Pérez Pena sobre Dragal de Elena Gallego Abad.   Dragal, o ‘Harry Potter’ galego, salta ao cinema, o cómic e os videoxogos É habitual que se compare a triloxía de Dragal coa serie de libros de Harry Potter.

O esforzo titánico dunha novela de piratas na tradición universal: «Costa do Solpor», de Xosé Mª Lema. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre a novela Costa do Solpor, de Xosé Mª Lema. Continuando A illa do tesouro Todos sabemos que un gran clásico universal da literatura de aventuras é A illa do tesouro.