Menu Xerais

Arquivo mensual: Abril 2013

Presentación en Padrón de “Cantares gallegos” de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira

O venres, 3 de maio, ás 20:15 horas, no Auditorio Municipal de Padrón, terá lugar a presentación do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto participarán X. L.

Manuel Lorenzo Baleirón estivo no Club de Lectura de Silleda falando de «Tonas de laranxa»

Manuel Lorenzo Baleirón estivo no Club de Lectura de Silleda para falar de Tonas de laranxa.   Tonas de laranxa É case medianoite. Hai pouco cheguei do club de lectura de Silleda, e aínda perdura o sorriso pintado nos beizos, a ilusión pendurada na alma, a cobiza segreda de ter acertado, o arume e o feitizo das palabras, o artista cincelando a obra. Vimos de estar con Manuel Lorenzo Baleirón.

Unha novela especial: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre a novela A noite branca, de Francisco Fernández Naval.   A noite branca, Cela, e as dimensións da vida Cando un comeza a ler unha novela nunca sabe até que punto esa lectura pode complementar a  experiencia vital propia. Aconteceume así con A noite branca de Fernández Naval.

Poderoso e suxestivo fío argumental: «A noite branca», de Francisco Fernández Naval. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre a novela A noite branca, de Francisco Fernández Naval.

Co fío dos Rolling Stones: «Nubes de evolución», de Andrea Maceiras. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a novela Nubes de evolución, de Andrea Maceiras.   Vidas que evolucionan como nubes Unha fría estación de autobuses pode ser un bo lugar para aprender da vida e para atopar un sitio no mundo.

«Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro», de Ramón Nicolás, Premio Losada Diéguez

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, a monumental biografía do poeta celanovés escrita por Ramón Nicolás resultou gañadora esta fin de semana do Premio Losada Diéguez na modalidade de Investigación e Ensaio. Reproducimos a información de La Voz de Galicia e a do propio blog do autor, Caderno da crítica.

«Pegadas», un enfoque pedagóxico globalizado

O proxecto Pegadas naceu da práctica de aula de profesorado galego con longa experiencia de traballo no 1º e 2º cursos de Educación Primaria. A secuencia de contidos e as actividades propostas foron empregadas con éxito nas aulas. Materiais didácticos concibidos e deseñados en Galicia para o profesorado e o alumnado galegos.

«Pegadas», proxecto de materiais curriculares de Lingua e Medio para 1º e 2º de Educación Primaria

A comezos do mes de maio, Xerais presentará «Pegadas» un completo proxecto de materiais curriculares en lingua galega destinado ao 1º e 2º cursos de Educación Primaria nas áreas de Lingua e Coñecemento do Medio. Ofrece materiais curriculares para o alumnado, propostas didácticas para o profesorado e recursos didácticos para a aula.

«Winnipeg», de Hixinio Puentes. A novela dun gran narrador. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación da novela Winnipeg de Hixinio Puentes. O «Winnipeg» de Hixinio Puentes Celebramos o 25 de abril na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña onde presentamos Winnipeg de Hixinio Puentes. Tras cinco grandes novelas e catro premios literario, Hixinio Puentes consolídase como un dos novelistas máis sólidos da narrativa galega deste século.

Un libro divertido e ameno: «Desde unha estrela distante», de Agustín Fernández Paz

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Desde unha estrela distante, de Agustín Fernández Paz.   Desde unha estrela distante O que vén sendo ata o momento o último libro de Agustín Fernández Paz, Desde unha estrela distante -publicado por Xerais , con magníficas ilustracións de David Pintor- é un libro infantil ben divertido onde unha nena fará amizade cun ser vido dende o espazo exterior.

O proxecto crossmedia de «Dragal», de Elena Gallego

A revista Audiovisual 451 publicou unha información sobre o salto da triloxía Dragal, de Elena Gallego Abad, aos soportes multimedia.       La trilogía «Dragal» será un proyecto crossmedia con Ficcion Producciones Ficción Producciones presentó el pasado mes de marzo en Santiago el proyecto multimedia ‘Dragal’, basado en la trilogía de Elena Gallego Abad.

Antonio Reigosa: «Debemos actualizar a tradición». Entrevista sobre «O aprendiz do home do saco» en Radiofusión

Radiofusión publicou unha entrevista con Antonio Reigosa sobre O aprendiz do home do saco, o seu novo álbum infantil. A entrevista pode escoitarse aquí.   Un rapaz de hoxendía, fillo do seu tempo, non conta con moitas opcións profisionais, nen é moi bó estudiante. O seu pai só lle pode ofrecer o seu oficio. A realidade porálle os pés no chan e a cabeza no saco.