Menu Xerais

Arquivo mensual: Maio 2013

Entrevista de María Solar a Manuel Portas sobre «Faneca brava» no Zig Zag

María Solar entrevistou a a Manuel Portas, sobre a súa nova novela Faneca Brava, no programa Zig Zag da TVG.

Fran Alonso: «Necesito concentrarme para sentir o que senten os meus personaxes e ser capaz de converterme noutra persoa»

O último número da revista Bahía Sur publicou unha entrevista de C. Carreiro a Fran Alonso sobre os seus libros. (Foto de Manuel G. Vicente).   Fran Alonso: «Concibo a escrita como unha superación na que sempre tes que dar máis de ti ou ofrecer algo novo» «Necesito concentrarme para sentir o que senten os meus personaxes» —Narrativa, poesía, relatos…a túa escrita viaxa por diferentes xéneros.

Galician literature: o crecemento da dispoñibilidade da literatura galega no mundo. Presentación de «Anthology of Galician Literature 1981-2011»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación da Antoloxía da literatura galega 1981-2011 / Anthology of Galician Literature 1981-2011, da que é responsable Jonathan Dunne. Tamén El Correo Gallego publicou unha información ao respecto de Fran P. Lorenzo.

Unha ferramenta de estudo: «Estilística da lingua galega», de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Crítica de Xosé Feixó

O Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publicou unha recensión crítica de Xosé Feixó sobre Estilística da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato.   Precisa análise Unha sólida ferramenta Máis unha vez o profesor Freixeiro Mato agasállanos cun traballo que vén encher un dos tantos baleiros dos que adoece o noso idioma: Estilística da lingua galega.

Unha obra que deixa pouso no corazón: «Feminismos», de Olga Castro e María Reimóndez. Crítica de Pilar Ponte

Pilar Ponte publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez.

Unha viaxe polo corpo: «O señor corpo quere xogar», de Alicia Borrás. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou hoxe nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O señor corpo quere xogar, de Alicia Borrás.   Axeitado texto Para descubrir o corpo O señor corpo quere xogar é unha obra pensada para prelectores e primeiros lectores que invita os nenos a descubrir o seu corpo e a experimentar con el.

Emotividade e poesía. Anotación en Brétemas sobre «un rato díxolle á lúa», a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de  Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.     Con Antonio García Teijeiro e Paco Ibáñez A presentación da antoloxía da poesía infantil de Antonio Garcia Teijeiro pagou a pena.

Un libro solvente e rigoroso. «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Texto de Xoán Carlos Garrido lido na presentación da Estrada

O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Xoán Carlos Garrido Couceiro para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, na Estrada.     TEXTO DE XOÁN C. GARRIDO LIDO NA PRESENTACIÓN DE COSTA DO SOLPOR NA ESTRADA (22-5-2013) Agradezo o convite a presentar un libro solvente e rigoroso dun autor serio, profesional e documentado.

Rolda de prensa-presentación de “Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011″

O xoves, 30 de maio, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela (Avda. Xoán XXIII, s/n), terá lugar a  roda de prensa-presentación de Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1981-2011 de Jonathan Dunne A presentación será no salón de actos e contará coas  intervencións de: - Secretario xeral de Cultural, D. Anxo M.

«Os fillos do mar», de Pedro Feijoo, no blog da libraría Cronopios

A libraría Cronopios publica no seu blog unha anotación sobre Os fillos do mar, de Pedro Feijoo. Pedro Feijoo chegou a Cronopios por primeira vez hai un ano. Acabábamos de comezar unha bonita relación coa emisora local de Onda Cero e estreábamos esas entrevistas públicas onde se mistura tan felizmente o periodismo, a literatura e a cercanía do autor aos lectores.

Paco Ibañez cantou os poemas de «Un rato díxolle á lúa», de Antonio García Teijeiro, onte en Vigo

O Faro de Vigo publica unha información de Amalia Mauleón sobre a presentacion en Vigo de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro. Onte participaron na presentación o músico Paco Ibañez; Fran Alonso, responsable da antoloxía; e o ilustrador Xosé Cobas, así como o poeta Román Raña e o editor Manuel Bragado. La Voz de Galicia tamén recolle a noticia.

Entrevista de Pemón Bouzas a Anxo Angueira no programa Eirado, da TVG, sobre «Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Anxo Angueira sobre a súa edición de  Cantares gallegos de Rosalía de Castro.