Menu Xerais

Arquivo mensual: Xullo 2013

«Manuel Lueiro Rey (1916-1990)», presentación en Fornelos de Montes

O venres, 9 de agosto, ás 12:00 horas, no salón de Actos do concello de Fornelos de Montes será presentado o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida. No acto participarán Emiliano Lage Rodríguez (alcalde de Fornelos de Montes), Carme Carreiro (presidenta da AA.VV.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Xerais na Feira do Libro de Rianxo

O venres, 26 de xullo, Xerais organiza, na Feira do Libro de Rianxo, dous actos literarios: Ás 20:00 horas presentación de Cancela aberta de Xosé Neira Vilas. Participan Manuel Bragado e o autor Ás 21:00 horas “A noite no deserto”. Diálogo sobre a novela e a construcción da memoria con Francisco X. Fernández Naval, autor de A noite branca e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto. Modera Xerardo Agrafoxo.

Os premios literarios na literatura infantil, a debate na Red Temática de Investigación «LIXMI». Crítica de Laura Blanco Casás

Laura Blanco Casás publicou en El Correo Gallego  o 12 de setembro unha recensión crítica sobre Premios Literarios e de ilustración na LIX, un novo título da Red Temática de Investigación “LIJMI”, con Blanca Ana Roig Rechou , Isabel Soto López e Marta Neira Rodríguez como coordinardoras.

Unha novela que me soubo desde a primeira páxina: «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Crítica de Xosé M. Varela Varela

Xosé M. Varela Varela publicou unha recensión crítica da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema na revista Lumieira (Revista Galega de Pastoral).

25 anos de poesía: «Un rato díxolle á lúa», antoloxía poética de Antonio García Teijeiro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Descubrindo a Lueiro Rey. Ampla reportaxe de Ramón Rozas no Diario de Pontevedra

Ramón Rozas publicou no Diario de Pontevedra unha longa reportaxe de tres páxinas sobre o libro Manuel Lueiro Rey (1916-1990). A liberdade ferida, coordinado por Ramón Nicolás. A reportaxe, que inclúe un artigo do propio Lueiro Rey, pode lerse ou descargarse en pdf.

Agustín Fernández Paz dá pistas na rede sobre a súa próxima novela

Sermos Galiza publica unha noticia de Carme Vidal sobre a próxima novela de Agustín Fernández Paz e o seu proceso de documentación.   Fernández Paz dá pistas na rede sobre a súa próxima novela O cosmonauta Yuri Gagarin será un dos seus personaxes. O escritor Agustín Fernández Paz estase a documentar sobre a súa próxima novela e comparte os datos nas redes sociais.

“Os fillos do mar” xa ten banda sonora

Algúns dos antigos compañeiros de Pedro Feijoo no grupo musical Lamatumbá compuxeron tres pezas musicais para distintas escenas de Os fillos do mar. Aquí pódense escoitar as dúas primeiras coa narración da escena en voz do autor. Os fillos do mar, recente Premio Arcebispo Xoán de San Clemente , vai xa pola 5ª edición.

Xerais no Festigal 2013

O xoves, 25 de xullo, dentro dos actos organizados polo Festigal 2013, terán lugar as presentacións de: Ás 17:00 horas Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Falarán: Manuel Bragado, Pilar García Negro e Bautista Alvarez. Ás 20:15 horas Historia de Galicia de Anselmo López Carreira. Falarán: Manuel Bragado e Anselmo López Carreira.

Xabier Paz: « Quixen facer unha indagación na natureza humana, que é complexa e contraditoria como é Nito». Entrevista de Montse Dopico

Praza Pública publicou unha entrevista de Montse Dopico a  Xabier Paz pola recente publicación da súa novela As vidas de Nito.   «Agardabamos a modernidade, pero todo quedou no que a socialdemocracia europea quixo que quedase» Se a anterior novela de Xabier Paz, Renacer, tiña moito que ver coa memoria, a nova, As vidas de Nito, afonda na mesma cuestión.

Culta, divertida, estarrecedora, emocionante: «Os xornalistas utópicos» de Manuel Veiga

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a novela Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga.   «Os xornalistas utópicos» de Manuel Veiga Jaureguizar publicou onte un chío recomendando de forma entusiasta a lectura d´ Os xornalistas utópicos, a novela máis recente de Manuel Veiga.