Menu Xerais

Arquivo mensual: Agosto 2013

Poesía que enche e fai sentir: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Miguel Sande

Miguel Sande publicou no Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o poemario Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).

Marcos Calveiro: «Este recoñecemento abre ás portas a que a miña obra se traduza a outras linguas do mundo»

Radio Obradoiro puxo a disposición dos oíntes na súa web a entrevista radiofónica que se lle fixo a Marcos Calveiro pola inclusión de Palabras de auga nas nas Listas de Honra do IBBY. A entrevista pode escoitarse neste enlace.

A banda sonora de “Os fillos do mar”

Algúns dos antigos compañeiros de Pedro Feijoo no grupo musical Lamatumbá compuxeron tres pezas musicais para distintas escenas de Os fillos do mar. Aquí pódense escoitar as tres pezas coa narración da escena en voz do autor. Os fillos do mar, recente Premio Arcebispo Xoán de San Clemente , vai xa pola 5ª edición.

Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas asistiron á Praza dos Libros de Carballo

El Correo Gallego publicou unha información sobre a presenza de Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas na Praza dos Libros de Carballo.   Neira Vilas e Rivas visitaron a Praza dos Libros de Carballo A última xornada da Praza dos Libros de Carballo non podía ter mellor remate.

A escisión e a perda: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila. Pode escoitarse neste enlace a partir do minuto 46.

«Palabras de auga», de Marcos Calveiro, incluído nas Listas de Honra do IBBY

A novela infantil Palabras de auga, de Marcos Calveiro, Premio Merlín de Literatura Infantil 2012, acaba de ser incluído nas Listas de Honra do IBBY, entre os nove libros que presentou á selección a OEPLI (Organización Española para el Libro Infanil y Juvenil). Recentemente, a revista CLIJ publicou unha ficha sobre este libro, que pode descargarse en pdf neste enlace.

Manuel Veiga: «A miña novela é a memoria dos que nos fixemos adultos na Transición»

La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Manuel Veiga, pola súa última novela Os xornalistas utópicos.

As riscaduras na pel: «Raíz da fenda», de Berta Dávila. Crítica de Dores Tembrás

Dores Tembrás publicou no seu blog o texto da súa presentación do poemario Raíz da fenda, de Berta Dávila, na feira do Libro da Coruña.     «Raíz da fenda», de Berta Dávila Cinco fisuras, cento tres poemas que enfían raíces, que constitúen o itinerario da fenda, o eu poético sobrevive e está de volta para escriturar o que foi.

Os escritores escollen os seus antepasados: «A Galicia máxica de García Márquez», de Carlos G. Reigosa. Reportaxe de Camilo Franco

Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha reportaxe sobre o libro A Galicia máxica de García Márquez, de Carlos G. Reigosa.   Reigosa revisa a ascendencia galega de García Márquez Recolle nun volume a investigación sobre a «avoa» do escritor «Os escritores escollen os seus antepasados». Así define Carlos G.

Traballo exhaustivo e magnífico: «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Artigo no Diario de León

José A. Balboa de Paz publicou o 27/7/2012 un artigo no Diario de León sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Contar con eficacia e funcionalidade: «Faneca Brava», de Manuel Portas. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica da novela Faneca Brava, de Manuel Portas. Araguas salienta que Manuel portas «sabe contar cousas con eficacia ou funcionalidade. Porque sabe dar no albo dun sentimento lector, o realista, xamais desbotado. Porque, finalmente, sen caer no costumismo barateiro incide no sentimento popular».

Alquimia emocional: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Diego Ameixeiras

Diego Ameixeiras publicou recensión crítica no Culturas de La Voz de Galicia sobre Raíz da fenda de Berta Dávila, Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu.