Menu Xerais

Arquivo mensual: Setembro 2013

Necesaria reflexión: «Todos somos», de Marcos Calveiro. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando Ronseis publicou unha recensión crítica sobre Todos somos, de Marcos Calveiro.   Todos somos Desde logo, non escollín peor ocasión para a (re)lectura deste libro, impresionada como estou polos acontecementos vividos en Santiago e que me saltaban ao maxín con cada liña da novela. Falo, claro está, de Todos somos de Marcos Calveiro, publicado por Xerais.

Lírica galega de calidade innegable: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).     Poesía como sentimento e comunicación Berta Dávila preséntanos neste poemario unha concepción da poesía que se move polos vieiros da memoria, do sentimento e mais da dor.

Diante do pelotón de fusilamento. «Quen matou o Cantino?», de Xerardo Agrafoxo. Crónica en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Quen matou o Cantino?, de Xerardo Agrafoxo.

Presentación en Pontevedra de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O venres, 4 de outubro, ás 20:00 horas, no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, Avda Santa María de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. O acto está organizado pola Fundación Alexandre Bóveda e Xerais.

Presentación en Rianxo de “Iria” de Anxo Angueira

O venres, 4 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo, rúa Autores da Rianxeira- Parque de Galicia, terá lugar a presentación de Iria de Anxo Angueira. No acto, organizado polo Concello de Rianxo e Xerais, participarán X.L. Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos, Manuel Bragado e Anxo Angueira.

Xosé Álvarez Castro: «Impresionan as persoas que eran nenos e sufriron a represión sobre os seus achegados». Entrevista arredor de «Pontevedra nos anos do medo»

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Lourdes Varela a Xosé Álvarez Castro polo seu libro «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)».

Tomar consciencia de que algo se move debaixo dos pés: «Raíz da fenda» de Berta Dávila. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica de Raíz da fenda de Berta Dávila (XV Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu).   Limiar da quebra No tren da memoria dolorosa O oficio do crítico é sentir medrar a herba, ser quen de albiscar entre a néboa unha silueta apenas enxergada. E Berta Dávila viña avisando da súa presenza dende hai tempo.

Unha obra excepcional: «Os xornalistas utópicos», de Manuel Veiga. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Os xornalistas utópicos, de Manuel Veiga.

Acertada combinación entre o individual e o social: «Días que non foron», de Luís Rei Núñez. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Días que non foron, de Luís Rei Núñez.     Memoria individual e colectiva Luís Rei Núñez reúne neste volume 7 relatos breves que se caracterizan porque oscilan entre a memoria histórica colectiva e a memoria individual dos personaxes que son protagonistas dos feitos relatados.

Un guión trepidante: «Flor de area», de M. Lourenzo González. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Flor de area, de M. Lourenzo González.   Guión trepidante Maneiras hollywoodenses Flor de area, a continuación de Irmán do vento, a novela de M.

Presentación de “Quen matou o Cantino?” de Xerardo Agrafoxo en Noia

O venres, 27 de setembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, Corredoira Luís Cadarso de Noia, terá lugar a presentación do libro Quen matou o Cantino? O 36 no Concello de Noia de Xerardo Agrafoxo. O acto, no que tamén se presentará o número 87 do suplemento cultural A Voz de Barbantia,  está organizado pola Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Concello de Noia e Xerais.

Novidade: «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro

«Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)», de Xosé Álvarez Castro, é unha novidade da colección Crónica. Resultado de varios anos de investigación, Pontevedra nos anos do medo céntrase na represión levada a cabo na comarca de Pontevedra tras o golpe militar de xullo de 1936.